loitemos xuntos

loitemos xuntos

17 de maio de 2017

Non ao peche das liñas de autobús!

- POR UN TRANSPORTE PÚBLICO AO SERVIZO DO POBO TRABALLADOR -


Milleiros de aldeas e lugares de Galicia poden verse incomunicadas pola perda do servizo de transporte público de viaxeiros por estrada a partir de agosto. Case 600 núcleos de poboación ven ameazadas as súas liñas de autobús. As grandes empresas monopolistas do transporte a quen representa o goberno de Feijóo poden abandonar por "deficitarias", tras este verán, case 600 liñas de autobús, asestando un golpe de morte ao pobo traballador do rural galego, xa de seu esnaquizado e despoboado polas agresivas políticas da Unión Europea e a PAC capitalista.

13 de maio de 2017

Crítica sobre concepcións oportunistas actuais respecto o Estado.

Contribución da Sección de Relacións Internacionais do Comité Central do KKE na XI Conferencia Anual Internacional
“V.I.Lenin, a Revolución de Outubro e o mundo contemporáneo”
A importancia e a vixencia da obra de Lenin sobre o Estado.

Hai 100 anos, poucos meses antes da Gran Revolución Socialista de Outubro, en condicións políticas particularmente difíciles e complexas, V.I.Lenin escribiu unha obra fundamental, “O Estado e a Revolución”, que foi publicada por primeira vez despois da Revolución de Outubro, en 1918.

5 de maio de 2017

Breves crónicas do 1M en Galiza.


As e os comunistas, organizados nos Colectivos da Mocidade Comunista (CMC) e en Comunistas da Galiza-PCPE, fixemos un chamado á clase obreira -en particular- e a todos os traballadores e traballadoras -en xeral-, a participar nas mobilizacións convocadas con motivo do 1º de Maio. Unha data que se cadra este ano tiña un carácter un tanto especial ao cumprirse 100 anos da gloriosa Revolución Bolxevique.

2 de maio de 2017

O “fío vermello” que percorre a Historia.


En novembro de 1864 publicábase en Londres o Manifesto Inaugural da Asociación Internacional de Traballadores, a I Internacional. As loitas proletarias que marcaran o período anterior concretábanse por vez primeira nunha expresión organizativa internacional. Carlos Marx deixaba un inmenso legado á clase obreira de todos os países sinalando, da súa propia man, que “A clase posúe xa un elemento de triunfo: o número. Pero o número non pesa na balanza se non está unido pola asociación e guiado polo saber”.

25 de abr. de 2017

Chamamento do CC do PCPE para o 1º de Maio.

Obreiros e obreiras, traballadoras e traballadores autónomos, parados e paradas, traballadores e traballadoras do campo, pensionistas, mulleres e mozas do pobo traballador:

O Comité Central do Partido Comunista dos Pobos de España quere compartir convosco as súas reflexións ante a proximidade do 1º de Maio, día intencional da clase obreira.


Loitemos contra as políticas do Goberno capitalista.

19 de abr. de 2017

A “Declaración de Madrid” é perigosa para os pobos.


A determinación do goberno grego de apoiar os plans imperialistas, servindo o esforzo do fortalecemento xeoestratéxico do capital, reflíctese da maneira máis característica na firma do primeiro ministro, Alexis Tsipras, da “Declaración de Madrid” dos líderes dos Estados do Sur da Unión Europea, o luns 10 de abril de 2017, coa que se proporciona plena xustificación ao ataque con mísiles de EE.UU. contra Siria.

Publicacións populares