Non á represión!


Diante do proceso xudicial aberto na Audiencia Nacional contra 12 militantes independentistas, o Comité Nacional do Partido Comunista dos Traballadores da Galiza quere manifestar o seguinte.

Dito proceso dáse nun contexto de  ofensiva  das posicións reaccionarias que busca facer retroceder aínda máis os dereitos e liberdades políticas, sociais e civís do conxunto do pobo traballador, as súas organizacións políticas e sociais e as súas militantes.

A clase no poder e os seus xestores políticos e xudiciais  poñen a punto as ferramentas represivas que utilizarán masivamente contra o conxunto do pobo traballador no marco da nova crise capitalista que se aveciña.

Desde o PCTG amosamos o noso máis rotundo rexeitamento diante desta nova ofensiva que procura criminalizar a loita política e, de ir adiante, significaría para os encausados desde penas de prisión ata duras sancións económicas e inhabilitación para o exercicio das súas profesións, así como a ameaza de ilegalización das organizacións políticas nas que eles/as militan.

A democracia burguesa amosa unha vez máis a súa verdadeira natureza de democracia para uns poucos e ditadura férrea para o conxunto do pobo traballador e as súas organizacións.

Fagamos fronte á represión no camiño da loita polo derrocamento da ditadura capitalista e a construción dun país para a clase obreira.

Comité Nacional do PCTG