Marina Gómez (PCTE): "Imos prohibir as casas de apostas"


Marina Gómez, cabeza de lista do Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE) pola provincia de Soria, explicou algunhas das partes máis sociais do programa do PCTE. No marco dos actos de campaña, a candidata declarou que "sen organización de mulleres traballadoras, a dobre opresión e a violencia machista que sofren as mulleres non vai desaparecer nun sistema baseado na desigualdade, a violencia e a explotación".

Para Marina Gómez, que foi até hai pouco Secretaria Xeral dos Colectivos de Xovenes Comunistas, "a mocidade é a vítima principal das vellas e das novas drogas, de mecanismos creados para adormentar e negar os problemas laborais, sociais e económicos que sofren os sectores máis vulnerables da sociedade, quen non poden acceder a traballo e vivenda dignas, a crear familias e ter unha vida independente".

A candidata comunista puxo en valor catro grandes medidas,incluídas no programa electoral do PCTE: "Desenvolvemento dun plan de choque contra a violencia de xénero; abolición da prostitución, acompañada dun plan de inserción laboral das mulleres afectadas; elaboración dun programa de combate ás drogodependencias; e prohibición das casas de apostas".

Ao desestabilizarse países enteiros como Siria ou Libia, a consecuencia é "un fluxo enorme de persoas que tratan de fuxir da destrución dos seus países e que, en Europa, son utilizados como carne de canón polos modernos esclavistas europeos, que ademais buscan enfrontar a uns traballadores con outros e promoven o racismo e o chovinismo". "Basta ver a campaña sen sentido sobre as axudas ficticias que reciben os refuxiados e inmigrantes en España", agrega a dirixente do PCTE.

Concluíu dicindo que só unha proposta como a do PCTE "pode hoxe asegurar cidades, barrios e pobos seguros, libres de explotación, de abusos e de drogas".