Coren, despedido readmisión!


Hoxe, 9 de xullo,  desde o PCTG acompañamos en Ourense a mobilización de varios centos de delegados e militantes da CIG contra a empresa COREN que despediu a un traballador afiliado a esta central por se candidatar nas eleccións sindicais.

COREN presiona mediante ameazas, acoso e subornos a decenas de traballadores que pretendían participar nas listas da CIG ou de CCOO.

A patronal da cárnica galega só quere delegados do seu sindicato amarelo, para poder perpetuar as condicións de semiescravitude nas que se atopaban milleiros de ex-traballadores (falsos autónomos) de Servicarne, recentemente incorporados á plantilla grazas á loita e ás sentenzas legais.

ADIANTE A LOITA DA CLASE OBREIRA CONTRA A REPRESIÓN DA PATRONAL!!
COREN, DESPEDIDO READMISIÓN!!





* A primeira fotografía é da Revista Forxa, o resto pertencen á CIG