Ante as represalias de GAM: Solidariedade con Patxu!


O pasado 9 de abril, o compañeiro Fran, traballador de GAM no taller de Meres (Asturias) foi despedido pola empresa baixo a figura dun despedimento disciplinario.

Os datos desmenten teimudamente a escusa forzada do despedimento, pero á súa vez, este toma a forma dun despedimento disciplinario dado que o obxectivo da empresa é eliminar un traballador “molesto” para a empresa pola súa actividade política e sindical.

GAM utiliza o despedimento disciplinario para afastar a quen defenden os seus dereitos, deixando moi claro cales son as súas pretensións: extorsionar mediante o medo ao resto do cadro de persoal para que permanezan nun estado de submisión inadmisible. E isto é un acto inaceptable de represión.
Coincide ao mesmo tempo, que este compañeiro, un mes e un día antes de ser fulminantemente despedido, exerceu o seu dereito á folga realizando o paro de 2 horas legalmente convocado o 8 de marzo no Día Internacional da Muller Traballadora, levaba nove meses á espera (activa) de que se lle concedese a categoría acordada e participaba á vez dun proceso de preparación das listas para as eleccións sindicais que terán que realizarse a finais deste verán no seu taller.

Desde o Partido Comunista dos Traballadores da Galiza (PCTG) chamamos a todos os traballadores de GAM e compañeiros de Fran a apoiar a súa loita fronte a un despedimento que non vén sendo outra cousa que a punta de lanza da batalla entre a empresa e os traballadores polos dereitos dos traballadores e por unha mellora non só das condicións individuais de cada traballador, senón de todo o persoal de GAM por todo o territorio.