Os tratados de libre comercio da UE arruínan a vida da clase traballadora



Carlos Arribas, candidato ao Parlamento Europeo polo Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE) declarou que “acordos como o CETA (con Canadá) ou o TTIP (por agora paralizado) abren a porta á absoluta desregulación de sectores económicos enteiros”.

Arribas, que é Secretario de Organización do PCTE, explica que “a Unión Europea é unha das principais promotoras dos acordos de libre comercio”. Pon de exemplo os  mencionados acordos cos países norteamericanos, que pon os sectores económicos “a disposición de monopolios americanos e europeos”, e que xeran -dixo- “o empeoramento das condicións laborais dos  traballadores de América e Europa”. Explicou que o Tratado de Libre Comercio con Canadá consagra sistemas de arbitraxe privados que somete aos Estados ao capital privado.

O candidato comunista falou tamén sobre o impacto ecolóxico destas políticas, pondo como exemplo que “a UE impón monocultivos que atacan a biodiversidade e hipotecan o futuro ecolóxico de vastas zonas do planeta”. Ou a presión da UE para que “gobernos de Asia, África e América para que consintan a explotación dos seus recursos naturais en condicións laborais de miseria e cun alto grao de sinistralidade laboral e impacto ecolóxico”.

Por último, denunciou o papel da Comisión Europea que, nas súas propias palabras, “favoreceu a fusión Bayer-Monsanto, así como a entrada de grandes monopolios estranxeiros en servizos económicos estratéxico”.

Así pois, Arribas insistiu en romper coa Unión Europea, “como única forma de asegurar a soberanía do país e de parar o empeoramento das condicións de vida e traballo da maioría traballadora”.

Fonte: PCTE, 24 de maio
Traducido pola Revista FORXA