O Euro atenta contra os traballadores e a soberanía


Serviu para que se desplome o poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras


Raúl Martínez, número 3 da candidatura do Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE) para as Eleccións Europeas do 26 de maio, declarou que o seu partido considera que “O Euro non é ningún instrumento de converxencia nos niveis de desenvolvemento social dos países da UE, senón que serviu para xerar unha perda substancial de soberanía económica e un desplome do poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras”.

O PCTE, que participa nas eleccións europeas nunha coalición con outros partidos de Irlanda, Italia, Suecia ou Grecia, propón que é necesario “romper coa Unión Europea e co Euro” se queremos ter un país soberano no que os dereitos dos traballadores non se vexan constantemente atacados”.

Martínez ofreceu algúns datos “de suma importancia para comprobar o que vimos dicindo dende hai anos: que o Euro foi un gran engano á sociedade española, pero sobre todo á maioría traballadora deste país, que viu como unha barra de pan custa hoxe tres veces máis do que custaba en 2002, ou un quilo de tomates custa 4 veces máis que entón”.

O candidato subliña que non se pode dicir que o Euro sexa unha boa noticia para a clase obreira, xa que mentres os prezos aumentaron de media un 40%, os salarios fixérono só un 28%. É dicir, o Euro sáenos caro aos traballadores españois e aos do resto de países que o adoptaron”.

Continúa Martínez dicindo que “de non estar España no sistema Euro, non habería ameazas para modificar o famoso artigo 135 da Constitución para garantir o pago da débeda” e que “o Pacto de Estabilidade e Crecemento no que nos meteron por estar no Euro e a UE supón unha constante ameaza permanente para os nosos servizos públicos, ao limitar absurdamente a capacidade de endebedamento público”.

O candidato comunista sinala que “frear a degradación e a progresiva privatización dos servizos públicos é imposible na UE, independentemente das maiorías que poida haber no Parlamento Europeo, onde finalmente non se decide case nada”.
Raúl Martínez conclúe que “é necesario levantar a alternativa á Unión Europea, que é unha ferramenta que só serve aos capitalistas; é fundamental comezar a construír un país para a clase obreira, libre de todo tipo de ataduras que sempre foron contra a maioría traballadora”.


Nota de prensa PCTE, 14 de maio

Tradución Revista FORXA