Agricultores,
gandeiros e pescadores os máis afectados
Marina
Quintillán, número 4 da candidatura do Partido Comunista dos Traballadores de
España (PCTE) para as Eleccións Europeas do 26 de maio, abordou en rolda de
prensa as denuncias que o seu partido realizou sobre o que supuxo a pertenza á
UE para o sector primario.
“Non é ningunha esaxeración dicir que a UE destruíu a nosa agricultura e gandaría”, afirma a candidata comunista, que engade que “por exemplo, para o sector lácteo, que tanta importancia tivo en Galiza, Asturies ou Cantabria, a entrada na UE supuxo unha redución drástica da produción, de modo que España, un dos principais produtores, converteuse en destinatario do excedente leiteiro dos países de centro e norte de Europa”.
“Da mesma forma que se nos impón ser un país sen industria e con moitos hoteis, impúxosenos unha Política Agraria Común que tivo dous efectos: a redución drástica do número de explotacións agrarias e a fixación da produción segundo os intereses dos monopolios agroalimentarios”, continúa Quintillán, que se mostra moi crítica co efecto que isto está a ter no despoboamento de moitos territorios, “fálase da España baleirada, pero non se fala moito das razóns dese baleiro, e unha das principais é que as macroexplotacións agrícolas e gandeiras que promoven as políticas da UE non necesitan practicamente man de obra, por tanto a poboación emigra, é o propio dun sistema capitalista que unicamente se interesa polo beneficio económico”.
Outro sector terriblemente castigado dende a entrada de España na UE é o pesqueiro. “Antes da entrada na entón CEE, en 1986, había 22.300 barcos con licenza para pescar en España, hoxe son 9.200, un 58% menos”, indica a candidata comunista que aproveita para denunciar “a hipocrisía da UE nesta materia, pois combina un férreo sistema de cotas pesqueiras en Europa con acordos que favorecen o saqueo dos caladoiros de países como Namibia, Mauritania ou Mozambique”.
Quintillán conclúe sinalando que “quen vai votar o próximo día 26 debe saber que defender a UE significa defender o desmantelamento da nosa gandaría, agricultura e pesca. Por iso é necesario que o Partido Comunista sexa máis forte, para ser capaces de loitar contra todas estas medidas que atentan contra os nosos dereitos, para ser capaces de empezar a construír un país para a clase obreira”.

Fonte: PCTE, 15 de Maio
Traducido pola Revista FORXA