[Acto Público en Lugo] A posición dos comunistas nos procesos electorais

O vindeiro luns 22, as e os comunistas de Lugo organizamos un acto público para presentar o noso programa electoral e as nosas posicións políticas.

Após unha tempada sen apenas actividade militante na cidade, por motivos cos que seguramente te sentirás identificado ou identificada, como son o ter que marchar a estudar ou traballar fóra, agora estamos de volta e vimos para ficar.

#DeNovoOPartidoComunista na cidade das murallas!

Esperamos contar coa túa presenza neste acto e que -máis aló das Eleccións Xerais- te animes a colaborar ou manter contacto connosco.

Queremos construír #UnPaísParaAClaseObreira. Acompáñasnos?