[Audiovisual] Mobilización de POLIGAL


Como non podía ser doutro xeito, o Partido Comunista dos Traballadores da Galiza (PCTG) acompañamos unha vez máis ao cadro de persoal de POLIGAL na nova mobilización que tiñan convocada para o día de hoxe na cidade obreira de Ferrol.

Poñíase fin así ao peche que un grupo de traballadores da empresa naronesa iniciara no día de onte no Concello de Ferrol e servía tamén de pistoletazo de saída para a manifestación á que se sumaron -dando un gran exemplo de solidariedade de clase- o Comité de empresa de Navantia, acompañado de obreiros e obreiras tanto da principal como da indústria auxiliar.

📽 Sirva este modesto documento audiovisual que preparamos como testemuño desta nova xornada reivindicativa.

A clase obreira e o pobo traballador de Ferrolterra non deben consentir o peche de POLIGAL. Non se debe permitir que siga a destrución da industria na Galiza. E moito menos nunha comarca tan castigada polas mal chamadas “reconversións”, tan afectada polo desemprego e a emigración da nosa mocidade.

Debemos esixir que se tomen as medidas necesarias para manter POLIGAL aberta e producindo e garantir o futuro dos postos de traballo.

Debemos reclamar a devolución das axudas públicas recibidas polo Grupo Peralada e a expropiación dos seus donos.

Esiximos a NACIONALIZACIÓN DE POLIGAL, das empresas da industria química e dos sectores económicos estratéxicos.

Defendendo o seu emprego, os traballadores de POLIGAL defenden un futuro económico e produtivo na Nosa Terra.


#poligalnonsepecha