Avala as candidaturas comunistas



Unha vez máis o Consello de Ministros imponnos o requisito de acadar un número de avais equivalente ao 0,1% do censo de cada circunscrición para poder concorrer ás vindeiras Eleccións Xerais.

Axúdanos a rachar o cerco co que queren impedir que as clases traballadoras teñan tan sequera a posibilidade de votar comunista.

Avala as candidaturas comunistas e obreiras do PCTG.

Diríxete ao noso correo comunistasdagaliza@gmail.com

O teu aval non te compromete a nada e tampouco se fará público, pero é unha gran axuda para rachar a mordaza que tenta calar a voz da clase obreira na campaña electoral e nas institucións.