Mobilizacións contra o golpe de estado en Venezuela [Actualizado]


Ante a brutal intervención de EE.UU. en Venezuela e o intento golpista de derrocar o seu Presidente Nicolás Maduro, reeleito democraticamente nas urnas en maio de 2018, desde Comunistas da Galiza-PCPE, chamamos as organizacións obreiras e populares, o movemento sindical, o movemento de solidariedade, as organizacións antiimperialistas, e o conxunto do pobo galego traballador a prestarmos toda a nosa solidariedade internacionalista e o noso apoio ao pobo de Venezuela; mobilizarnos contra a posición imperialista do Goberno español e da Unión Europea en Venezuela; erguer unha fronte solidaria cos nosos irmáns e irmás de Venezuela, para avanzar no camiño revolucionario, rachar o cerco imperialista e rematar co golpismo de extrema dereita.

Apoiamos e chamamos a participar masivamente nas concentracións de solidariedade convocadas:

  • en Vigo o mércores 30 ás 20:00 h. na Praza da Princesa
  • en Santiago de Compostela o xoves 31 ás 20:00 h. na Praza do Toural
  • en Lugo o luns 4 ás 20:30 diante da Delegación do Goberno [Adiada para o mércores!]
  • en Ferrol o martes 5 de febreiro ás 19:30 h. no Cantón de Molíns
(Iremos actualizando nesta entrada outras que se podan convocar nos próximos días)