Diante da situación en Venezuela


O Partido Comunista dos Pobos de España condena rotundamente os movementos que se veñen realizando nos últimos días en contra do Goberno e do pobo venezolanos, que proseguen e intensifican os ataques que sufriu o país durante décadas e, especialmente, nos últimos anos.

A autoproclamación como presidente de Juan Guaidó, o seu recoñecemento por varios gobernos estranxeiros, co de EEUU á cabeza, o non recoñecemento do Presidente Maduro por parte da Asemblea Nacional, as súas declaracións esixindo a intervención dos militares, a sublevación dalgúns destes en Caracas ou a designación dun representante especial na Organización dos Estados Americanos (OEA) pola Asemblea Nacional, son algunhas das accións dos grupos políticos opositores con maioría nese órgano. As súas intencións son claras: Substituír un goberno hostil aos intereses que representan por un réxime que se pregue a eles e que pretende saquear os moitos recursos naturais, humanos e económicos existentes en Venezuela. Trátase dunha ofensiva máis do imperialismo que, aínda que non acabou – aínda – en  guerra como en Siria ou Libia, si expón os mesmos obxectivos que nestes casos.

O PCPE entende que a solución aos problemas do pobo venezolano non pode ser outra que defenderse avanzando na senda revolucionaria que contrapoña os intereses da maioría aos de quen queren sementar o caos para conseguir beneficios, sen permitir nin obstáculos nin freos en devandita senda. Nese camiño, os comunistas do Estado español prestarán toda a súa solidariedade internacionalista e o seu apoio.

Viva a loita do pobo venezolano!

Departamento de Internacional do PCPE

Fonte: PCPE
Traducido a galego pola Revista Forxa