Contra a represión sindical en SELECTA



Desde o PCPE vemos con seria preocupación como aos numerosos e abusivos Expedientes de Regulación de Emprego interpostos por Selecta (empresa do sector do Vending) en poucos anos, agora hai que sumarlle a descarada represión sindical contra aqueles que defenden os dereitos dos seus compañeiros, que defenden os postos de traballo e loitan contra eses despedimentos colectivos.

Do mesmo xeito que en Burger King e outras empresas, Selecta despediu ao compañeiro David, delegado de persoal na Coruña, pola súa condición de representante dos traballadores.

Cada vez son máis e máis os casos de represión sindical contra sindicalistas que exercen o seu dereito como tal e que plantan cara á patronal, organizando aos seus compañeiros nos seus centros de traballo, apoiando a outras empresas en loita e, a final de contas, loitando polo conxunto da clase obreira.

Desde o PCPE facemos un chamamento a levantar un muro de solidariedade que free os ataques patronais contra aqueles que son represaliados por defender á súa clase. Debemos facer que ás empresas lles custe moi caro levar a cabo estas medidas á vez que organizamos o contraataque para conquistar unhas condicións de vida e de traballo que no capitalismo se nos negan.

Readmisión inmediata para David!

Fonte: PCPE
Traducido ao galego pola Revista Forxa