Comunicado urxente do Buró Político do PCPE.


Durante o segundo día de folga na planta da empresa Amazon en San Fernando de Henares (Madrid), foron detidas dúas persoas tras producirse varias cargas policiais, unha delas Hugo Carrasco, secretario de organización do Comité Rexional do PCPE en Madrid.

Estas detencións, xunto coas cargas policiais contra os piquetes de folga, son mostra do grao de violencia que as forzas de represión do Estado son capaces de exercer contra os traballadores e traballadoras nun momento de máximo conflito coa patronal.

Denunciamos a actitude de Amazon, que non dubida en contratar esquiroles ante o masivo seguimento da folga, e a campaña que está a desenvolver, coa complicidade de moitos medios de comunicación, para silenciar a folga e para acalar o persoal en loita, así como a violencia exercida contra quen exercen o seu lexítimo dereito á loita por unhas condicións de traballo dignas.

Denunciamos o papel da Delegación do Goberno en Madrid, agora ocupada pola socialdemocracia, que non dubida en reprimir as mobilizacións obreiras e en defender os intereses dos grandes monopolios como Amazon.

Chamamos a participar na concentración que esta tarde, ás 18 horas, terá lugar fronte á comisaría de Coslada e a erguer a solidariedade dos traballadores e traballadoras de todo o país para exixir a inmediata posta en liberdade sen cargos de ambos os compañeiros, cuxo único delito foi poñerse á fronte da loita polos dereitos da clase obreira fronte a unha patronal.

Madrid, 17 de xullo de 2018
Buró Político do CC do PCPE