CCOO e UGT anuncian mobilización permanente o PCPE propón a Folga Xeral.


Estamos asistindo nos últimos meses a unha serie de importantes mobilizacións obreiras que comezaron o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, e que tiveron fitos relevantes nas masivas mobilizacións dos pensionistas e do 1º de Maio.


Máis recentemente, mantense o claro momento de auxe das mobilizacións, coa saída á rúa de  milleiros de traballadores e traballadoras nas concentracións convocadas por CCOO e UGT ante as sedes da patronal reclamando acordos que trasladen aos convenios, aos salarios e ao emprego a recuperación e o crecemento que están a ter as empresas.

O propio secretario xeneral de CCOO, Unai Sordo, na súa intervención o 22 de maio en Madrid dixo: “os sindicatos queremos un acordo con recuperación salarial, con aumento dos salarios mínimos ata os 1.000 euros e loita sen cuartel contra a precariedade. Non imos aceptar calquera acordo, nin un portazo á negociación. Ou hai acordo con contidos, ou haberá mobilización permanente”.

Pola súa parte, o PCPE chama a intensificar a loita sindical na perspectiva da Folga Xeral e chama a apoiar masivamente as convocatorias sindicais e a dotalas de contundencia e perspectiva política.

Fonte: Novo Rumbo nº9