Mobilizacións en Renfe e Adif este verán.


CCOO convocou mobilizacións en ambas as empresas a partir de xuño e ata o mes de setembro. En palabras do propio sindicato, asegúrase que levará a cabo concentracións, manifestacións e folgas en ambas as empresas e que a súa intención é sumar a estas mobilizacións todos os sindicatos do sector, cos que está convencido de que coincide, tanto na análise da situación, como na necesidade de pasar á acción.
Os motivos das convocatorias son: deter a política de privatizacións e o deterioro do servizo público ferroviario, a falta de investimento e o aumento das incidencias no tráfico, algo que denuncian levará moi previsiblemente ao aumento dos accidentes.

No mesmo paquete de reivindicacións, sitúase tamén a recuperación do emprego e dos salarios, o desbloqueo das mesas do convenio nos asuntos relacionados coa igualdade, a normativa e a xornada laboral.

Fonte: Novo Rumbo nº9