Amazon reprime, o cadro de persoal responde.


Amazon despide máis de cen traballadores temporais nun claro xesto de represalia contra o cadro de persoal do seu centro en San Fernando de Henares, que desenvolveu dúas xornadas de folga en marzo convocadas por CCOO e CGT e que mantén as mobilizacións para obter mellores condicións laborais.

A empresa, que puxo en práctica mediante a imposición unas novas condicións de traballo aínda más lesivas, atopouse coa denuncia de CCOO ante o Xulgado do Social, dándose así tamén unha resposta no plano xudicial.

Neste panorama, é moi previsible que o desenvolvemento das mobilizacións desemboque nunha folga que coincida co "Prime Day", estándose a explorar a posible mobilización conxunta a nivel europeo.

Fonte: Novo Rumbo nº9