O PCPE publica as Teses do XI Congreso (extraordinario).



O Partido Comunista dos Pobos de España celebrou o seu XI Congreso (extraordinario) o pasado mes de novembro. O evento, logo da grave crise provocada pola antiga dirección da organización, saldouse como un éxito rotundo na reconfiguración e fortalecemento do Partido.

Coa participación de preto de duascentas persoas, entre delegados e convidados chegados da totalidade dos territorios do país, aprobáronse por unanimidade unhas novas teses políticas que colocan o acento no fortalecemento organizativo —baseado no centralismo democrático e na bolxevización completa da organización— e na aposta real e efectiva polo xiro obreiro do Partido — vencellándose moito máis estreitamente coa realidade da clase obreira—, coa meta nítida de construír o socialismo-comunismo en España.

Agora, o Partido publica as teses e a resolución política que saíron dos debates do XI Congreso. Unha proposta marxista-leninista clara e concisa para a realidade española, unha contribución para a conquista dun país para a clase obreira.

Preme aquí para descargares as Teses do XI Congreso do PCPE.