[1M] Unificar todas as loitas no camiño da Folga Xeral.


Nunca nos regalaron nada. Desde os comezos do movemento obreiro, foi a mobilización da clase obreira a que lle arrancou á patronal e ao Goberno os dereitos cos que contamos hoxe.

Só coa nosa loita organizada poderemos manter os dereitos actuais e avanzar en novas reivindicacións que melloren as condicións de vida e de traballo da maioría social traballadora. Cando se loita organizadamente se avanza e cando retrocede a nosa organización e a nosa capacidade de mobilización, a patronal e o Goberno non dubidan en golpear os traballadores e traballadoras, en intensificar a explotación laboral e en arrebatarnos dereitos sociais.

O pasado 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, iniciamos un novo ciclo de mobilizacións. Millóns de traballadoras e traballadores botámonos de novo ás rúas esixindo a plena igualdade no ámbito laboral, esixindo a fin da discriminación salarial, esixindo a fin de toda forma de violencia; esixindo que se creen as condicións económicas e sociais que permitan liberar as mulleres dos traballos reprodutivos, poñendo fin a toda forma de opresión para avanzar cara a unha sociedade de persoas libres e iguais.

Millóns de pensionistas mobilizáronse o 17 de marzo en defensa do sistema público de pensións, rexeitando masivamente a perda de poder adquisitivo das pensións que supón a suba do 0,25% formulada polo Goberno do Partido Popular, moi por baixo da suba dos prezos.

A loita das mulleres traballadoras e dos e das pensionistas, acompañados por millóns de traballadores e traballadoras, únese á loita que a nosa clase social leva adiante en centos e centos de empresas, na que os nosos compañeiros e compañeiras de clase enfrontan despedimentos, regulacións de emprego, reducións salariais, etc., ou por un convenio colectivo que protexa os nosos dereitos.

Todas esas loitas, que son as loitas dos traballadores e traballadoras do noso país, deben proseguir o 1º de Maio. Logo de máis dunha década de crise capitalista, cuxas consecuencias se descargaron sobre as nosas costas, chegou a hora de dicir: basta!, chegou a hora de que a clase obreira e todo o pobo traballador nos fagamos ouvir; pois sen nós non se move nin unha engrenaxe; non funciona a industria, nin o transporte, nin o sector servizos, nin a sanidade, nin o ensino … Nada funciona sen o noso traballo!

As loitas non rematarán o 1º de Maio. A Plataforma Estatal pola Escola Pública, integrada por organizacións estudantís, sindicatos do ensino e asociacións de nais e pais, chamaron a volver ocupar as rúas o vindeiro 8 de Maio, no que se debe converter nunha importante mobilización contra o “pacto educativo” que pretenden impoñer e na defensa dun sistema público de ensino ao servizo do pobo traballador.

Nun momento de especial debilidade do Goberno e de fortes contradicións no seo da clase dominante, as nosas loitas deben unirse. Debemos preparar as condicións para avanzar cara a unha nova Folga Xeral.

  • Derrogación inmediata das reformas laborais e da reforma das pensións.Fin de toda discriminación laboral y de la brecha salarial. ¡A igual trabajo, igual salario!
  • Fin de toda discriminación laboral e da fenda salarial. A igual traballo, igual salario!
  • Suba das pensións nos mesmos termos que soben os salarios de policías e gardas civís.
  • Eliminación dos contratos en prácticas e formativos. Derrogación do Plan de Garantía Xuvenil.

O 1º de Maio debe ser un punto de inflexión no camiño cara á Folga Xeral.

O 1º de Maio debe servir para fortalecer as organizacións sindicais.

O 1º de Maio debe ser un clamor contra a guerra imperialista e pola saída de España da OTAN e da UE.

Queremos un país para a clase obreira, en que a propiedade dos medios de produción sexa unha propiedade social, de todos e todas; un país soberano que rache con toda alianza imperialista; un país no que a clase obreira e o pobo traballador tomen definitivamente o poder nas súas mans. Loitamos por unha República Socialista baseada na unión libre e voluntaria de todos os pobos de España.

Viva a loita da clase obreira!
Viva o 1º de Maio!

Fonte: Novo Rumbo #8