Primeiro comunicado do Secretariado Político do PCPE sobre a xornada do 1-O.


Tras os acontecementos do día de hoxe, o PCPE mostra a súa preocupación polo aumento da escalada represiva no conflito catalán. Hoxe volveuse comprobar a natureza ditatorial do Estado, elemento que as e os comunistas denunciamos sempre e sobre o que alertamos especialmente nas últimas semanas.

O PCPE pronunciouse con claridade sobre a base política do conflito catalán e as propostas que a clase obreira necesita para saír das falsas dicotomías en que os nacionalismos a pretenden atrapar. Dixemos que a folla de ruta do independentismo non é útil para conseguir a autodeterminación de Cataluña. Pero á vez que tratamos que a clase obreira escolla o seu propio camiño, creemos que todas aquelas e aqueles cataláns que querían hoxe expresarse mediante o voto tiñan dereito a facelo sen ter que facer fronte a cargas policiais. As accións do Estado encamiñadas a impedir a votación, especialmente as de carácter policial, teñen todo o noso rexeitamento.

O PCPE expresa a súa preocupación polo auxe dos nacionalismos. Cando a clase obreira, en virtude da defensa da patria, dá un cheque en branco ao seu goberno para enfrontarse á clase obreira doutras nacións, está a ser derrotada. A defensa da patria debe ser sempre a defensa dos intereses da súa clase obreira, intereses sempre confluíntes cos de toda a clase obreira internacional.


Secretariado Político do PCPE | 1 de outubro, 2017