Acto polos 100 anos da Revolución de Outubro.


O vindeiro 7 de outubro, o PCPE levará a cabo unha intensa xornada de actividades conmemorativas con motivo do 100º aniversario da Gran Revolución Socialista de Outubro.

Será no Centro Cultural Valdebernardo, en Madrid (Bulevar Indalecio Prieto, 21).

Tanto pola mañá como pola tarde, haberá lugar para ponencias, debates e actuacións musicais.

Os actos pecharanse coa intervención política do Secretario Xeral do Partido, Ástor García, así como da dirección dos CJC.