Sobre as manifestacións de Barcelona: Lles vostres guerres, els nostres morts!


O Secretariado Político do Partido Comunista realizou unha primeira valoración sobre a mobilización de onte, 25 de agosto, en Barcelona, na que destaca os seguintes elementos:
  1. A pesar dos chamamentos de todas as institucións burguesas á participación, a manifestación non contou coa presenza esperada polos convocantes. Segundo os Mossos d’Escuadra asistiron medio millón de persoas, unha participación moi inferior á de manifestacións similares ou ás últimas grandes mobilizacións que houbo en Barcelona.
  2. A anunciada presenza dos principais representantes do Estado, encabezados por Felipe VI e polo Presidente do Goberno, a quen seguiu un séquito no que se fusionaron sen distinción os representantes de todas as forzas políticas parlamentarias (incluída a vella e a nova socialdemocracia, que viaxou desde Madrid no “avión da caste”), tivo unha forte contestación popular, expresada en forma de asubíos, consignas, pancartas críticas e coa convocatoria dunha mobilización alternativa na que participaron miles de persoas.
  3. A pesar da campaña de manipulación posta en práctica por todas as institucións burguesas, co apoio dos monopolios mediáticos, o pobo non se deixou embaucar polas chamadas da falsa unidade. O desenvolvemento da mobilización demostra que importantes sectores populares relacionan claramente á política de guerra do Estado español e das coalicións e organizacións imperialistas en que participa —como a OTAN e a Unión Europea— co fenómeno do terrorismo yihadista. Consignas seguidas masivamente, como “as vosas guerras, os nosos mortos”, así o confirman.
  4. Tampouco triunfou a campaña racista e reaccionaria da extrema dereita dirixida a criminalizar e culpabilizar aos pobos árabes e á comunidade musulmá residente en España do terrorismo. Esa campaña, a pesar de contar co apoio de sectores da dereita política e de certos sectores mediáticos, foi claramente contestada o pobo nas rúas de Barcelona.
  5. O noso Partido pronunciouse sobre os atentados con toda claridade chamando á “loita contra o imperialismo e as súas guerras”, a “denunciar aos culpábeis destes ataques e aos seus cómplices que favorecen, coas súas agresións e as súas alianzas en terceiros países, o desenvolvemento de organizacións asasinas como o Estado Islámico”; tamén “a loitar decididamente contra o racismo, a xenofobia e toda forma de reacción, desenvolvendo amplamente a solidariedade coa poboación árabe e/ou musulmá que vive en España”. En coherencia, non chamamos a participar no intento de manipulación orquestrado polos principais dirixentes imperialistas e polos explotadores na manifestación de onte, senón a seguir unha liña de confrontación e loita. Alegrámonos de que as nosas posicións, compartidas con amplos sectores obreiros e populares, teñan un claro reflexo durante o día de onte nas rúas de Barcelona, onde a militancia comunista envorcouse na repartición de miles de panfletos chamando á loita.
  6. Nos próximos tempos haberá que seguir enfrontando diferentes campañas de manipulación impulsadas polas clases dominantes. Ninguén debe baixar a garda, ninguén debe marchar baixo as bandeiras alleas dos imperialistas, ninguén debe caer nas trampas dirixidas a dividir á clase obreira e ao pobo para beneficio dos capitalistas, das súas manobras e as súas guerras.

Nin terra, nin mar, nin aire para os imperialistas e os seus grupos terroristas!

Solidariedade internacionalista e de clase fronte á reacción!


Secretariado Político do PCPE, 26 de agosto de 2017.