Os traballadores do metal din basta!


Comunistas da Galiza -PCPE e os colectivos da Mocidade Comunista apoian e fan un chamamento a participar nas mobilizacións dos traballadores do metal, en loita por un convenio para o sector da siderometalurxia na provincia da Coruña,  que terán lugar o vindeiro martes 30 de maio nunha manifestación que partirá ás 20.30 da Praza da Palloza na Coruña.

A clase obreira enfróntase unha vez máis aos intentos da patronal que se nega sistematicamente a aceptar e negociar as propostas dos traballadores que en liñas xerais xa están fartos dunha perda continuada de dereitos.

A estratexia da patronal é rematar coa negociación colectiva e aplicar novos  plans que precaricen aínda máis as nosas condicións laborais, medidas que se concretan nunha conxelación dos salarios, redución de permisos por hospitalización de familiares, complementos por desprazamento ou medidas destinadas á flexibilización da xornada laboral.

Agora toca dicir basta, mobilizarse e recuperar dereitos. É hora de deixar de retroceder, e momento de enfrontar as súas políticas, de disputar os beneficios do capital que son produto do noso traballo e do noso suor. Se eles teñen beneficios, nos queremos mellores salarios e mellores condicións. Só coa maior e mais ampla unidade obreira e sindical e baixo unha orientación clasista das loitas seremos capaces de mellorar as nosas condicións de vida, ampliar dereitos e respostar ás continuas e permanentes agresións da patronal e dos seus gobernos.

É momento de abandonar falsas ilusións e a confianza en melloras froito de reformas políticas de supostos "gobernos progresistas". Para a clase obreira non hai máis camiño que a loita dende as fábricas e centros de traballo. Se non somos fortes, se non estamos unidos, nin organizados, non contamos e eles gañan.



Por un convenio digno
Os nosos dereitos deféndense!