Levan a xuízo a 35 cadros da PAME.


A PAME (Fronte Militante de Todos os Traballadores/as) denuncia no seu comunicado o feito de que 35 cadros da PAME se remiten a un novo xuízo pola manifestación que organizaron o 30 de xaneiro de 2013 federacións e sindicatos obreiros ao Ministerio de Traballo, para protestar contra as declaracións provocadoras do entón Ministro de Traballo, G. Vroutsis, de que “o sistema da seguridade social construíuse en base a subornos e ao clientelismo”.

O comunicado menciona:

“O 16 de marzo, a xustiza “independente” remite de novo a xuízo aos 35 cadros da PAME, presidentes e membros dos executivos de decenas de organizacións sindicais, que despois de repetidos aprazamentos ao final se declararon inocentes xa que todos os cargos en contra deles de parte do goberno anterior da ND e do entón Ministro de Traballo, G. Vroutsis, por ter intentado protestar na súa oficina, foron refutadas.

A acusación fabricada que se plantexa de novo ten que ver coa mobilización organizada o 30 de xaneiro de 2013 federacións e sindicatos clasistas ao Ministerio de Traballo, para protestar contra as declaracións provocadoras do Ministro de Traballo, G. Vroutsis, de que “o sistema de seguridade construíuse en base a subornos e ao clientelismo”.

O goberno anterior intentou fabricar unha provocación, acusando aos sindicalistas de causar supostamente danos á oficina do Ministro de Traballo. Das fotografías que se deron á publicidade, así como por testemuñas, demostrouse que era unha provocación, e a acusación derrubouse, levando á exoneración de tódolos acusados.

Diante das novas demandas dos grupos empresariais e as negociacións para pechar un acordo entre o goberno de SYRIZA-ANEL e as institucións, preténdese impoñer un silencio de mortos nos sectores e nos centros de traballo. En calquera caso, entre as novas medidas antipopulares, un aspecto básico do novo acordo é o ataque contra os dereitos e as liberdades sindicais dos traballadores, contra o dereito á folga. Levando de novo a unha parodia de xuízo aos cadros do PAME, intentan enviar unha mensaxe, intimidar aos traballadores, achandar o camiño para o novo ataque.

Facemos un chamamento ás organizacións sindicais a denunciar de xeito masivo o novo intento de criminalizar a actividade sindical; reforzar a súa actividade para informar e preparar amplamente aos traballadores respecto dos acontecementos, para organizar unha folga como resposta contra as novas medidas”.

A súa solidariedade coa PAME expresa a Federación Sindical Mundial (FSM) e “pide que o goberno grego poña fin definitivo ao proceso penal contra os 35 sindicalistas”.


Fonte: PAME
Traducido ao galego por Comunistas da Galiza-PCPE