A “Declaración de Madrid” é perigosa para os pobos.


A determinación do goberno grego de apoiar os plans imperialistas, servindo o esforzo do fortalecemento xeoestratéxico do capital, reflíctese da maneira máis característica na firma do primeiro ministro, Alexis Tsipras, da “Declaración de Madrid” dos líderes dos Estados do Sur da Unión Europea, o luns 10 de abril de 2017, coa que se proporciona plena xustificación ao ataque con mísiles de EE.UU. contra Siria.

Coa súa declaración Francia, Italia, España, Portugal, Malta, Grecia e Chipre apoian e lexitiman os pretextos que se utilizan neste tipo de intervencións e xustifican plenamente o ataque de EE.UU., que escala aínda máis a confrontación imperialista na rexión, sostendo que “tiña a intención comprensíbel de impedir e evitar a distribución e o uso de armas químicas…”.

A Declaración avoga pola maior militarización da Unión Europea destacando entre outras cousas que os gobernos dos países do Sur, representantes do capital apoian as conclusións do Consello Europeo “…que melloran a autonomía estratéxica da UE e a súa capacidade de actuar, de participar cada vez máis na protección de Europa e dos seus cidadáns, de compartir máis responsabilidades coa OTAN…”

O goberno non ten ningunha dúbida en apoiar os plans imperialistas

No seu comentario, a Oficina de Prensa do CC do KKE, apunta respecto a postura do goberno ante o ataque de EE.UU. contra Siria:

“Despois da invitación da OTAN no Exeo, o apoio a todas as decisións agresivas da OTAN, as conversacións de ministros en EE.UU. para a expansión das súas bases militares en Grecia, o goberno deu un paso cara adiante. A súa firma no Comunicado Común do Cume dos países do Sur, xustifica plenamente e caracteriza como “comprensible” o ataque imperialista de EE.UU. contra Siria, que intensifica os antagonismos con consecuencias perigosas para os pobos da rexión.


Resulta que o goberno de SYRIZA-ANEL non ten ningún impedimento, ningunha dúbida cando se trata de apoiar os perigosos plans imperialistas en beneficio do fortalecemento xeoestratéxico do capital grego, que reclama unha parte do botín de guerra”.

Fonte: KKE
Traducido a galego pola Revista FORXA