Do mesmo xeito que non se pode tapar a Lúa cun dedo,
unha mentira é unha mentira, por moito que se repita até a saciedade. Lonxe da
enganosa propaganda gobernamental, o ano 2017 caracterizarase pola continuidade
da crise capitalista.
Escaso crecemento mundial e
estancamento da eurozona.
Por sexto ano consecutivo, as previsións económicas de
distintos organismos confirman que, en 2017, a economía mundial volverá crecer
por baixo do 3%, calculando os máis optimistas que o crecemento pode alcanzar o
2,8%.
O capitalismo mundial, en xeral, non avanza. A
eurozona, segundo todos os cálculos, continúa estancada, prevéndose un débil
crecemento de contorna ao 1,4%, perdendo peso, por tanto, no mercado mundial.
Economía e xeopolítica.
Todos os analistas sitúan os factores xeopolíticos
como unha dos maiores riscos para a economía mundial no 2017. Con todo, ao noso
modesto entender, as cousas suceden ao revés. É precisamente a continuidade da
crise capitalista e a súa intensificación nalgunhas rexións, a que provoca unha
forte tensión xeopolítica, que se expresa en forma de guerras comerciais,
cambios e realineamentos no ámbito das alianzas internacionais, incremento das
rivalidades e, en última instancia, da guerra: continuidade da política
imperialista por outros medios, precisamente, por medios violentos.
A debilidade do capitalismo español.
A materialización do Brexit ao longo de 2017, as
incertezas tras o referendo en Italia, as Eleccións en Francia e Alemaña, os
plans da administración Trump en Estados Unidos, a intensificación das
contradicións con China e Rusia, ou a evolución que poidan ter os actuais
escenarios de guerra imperialista, afectarán, no entanto, ás previsións
económicas, o que se percibe con claridade no caso español.
O débil crecemento experimentado nos últimos anos,
retardarase en 2017. O Fondo Monetario Internacional fixa as súas previsións
nun 2,3%, mentres que o Goberno faino nun 2,5%, por enriba da media da
eurozona, pero por baixo do ritmo de crecemento mundial. En todo caso, esas
previsións apóianse en bases sumamente febles, pois dependen, en gran medida,
da boa marcha do comercio exterior e de que se manteñan as cifras marca
cultivadas polo sector turístico en 2016. En ambos os casos, cobra especial
relevancia a forma en que se desenvolvan as actuais contradicións
internacionais, nun ou outro sentido.
Por outra banda, a subida do prezo das materias
primas, que case todo o mundo dá por feito, non beneficia ao capitalismo
español. Máis aínda cando parece que, de novo, se aposta polo sector
inmobiliario nun escenario caracterizado polo gran endebedamento e cun sector
bancario sobre o que seguen existindo serias dúbidas.
As traballadoras e os traballadores
non deben confiar no Goberno.
Máis aló das previsións dos distintos actores, o único
certo é que durante 2017 o novo Goberno, máis aló da propaganda duns e outros,
adoptará novas medidas dirixidas a intensificar a explotación. Baixo a retórica
do crecemento do emprego, imponse traballo sen dereito laboral de ningún tipo e
con salarios de miseria, entre a clase obreira xeneralízase a pobreza.
A 40 anos da matanza no despacho laboralista de
Atocha, a nosa mellor homenaxe e nosa inaprazábel tarefa continúa sendo
defender cada dereito como unha trincheira e fortalecer a organización sindical
e política das e os traballadores. Hoxe, como hai corenta anos, non haberá
ningún cambio sen loita, ningunha conquista sen pagar un alto prezo.
Ningunha confianza no novo Goberno, ningunha confianza
nas e nos representantes políticos da patronal.
RMT.
Fonte: UyL
Traducido ao galego por Comunistas da Galiza-PCPE