Comunicado sobre a visita de Alexis Tsipras a Ucraína.

Atenas 9/2/2017
Oficina de prensa do CC do KKE 

O primeiro ministro Alexis Tsipras optou por visitar Ucraína nun período en que se impuxo en dito país un réxime que xurdiu través dun golpe de estado, apoiado por EE.UU., a UE e a OTAN coa utilización incluso de grupos fascistas.

A visita coincidiu coa  nova agudización da situación no sureste de Ucraína, co estalido dun novo derramamento de sangue, co actual presidente P.Poroshenko e o seu goberno reaccionario como os principais responsábeis diso.

Visitou Ucraína mentres que está en desenvolvemento o xuízo farsa para prohibir ao Partido Comunista de Ucraína, mentres que están sendo derrubados os monumentos soviéticos e antifascistas e os colaboradores dos nazis están sendo postos de exemplo aos mozos como “patriotas”.

O réxime que visitou o señor Tsipras creou “listas negras” dos seus opositores políticos, nas que se incluíron  cadros do KKE, entre eles G.Lamproulis, deputado e vicepresidente do parlamento grego, e S.Zarianopoulos, eurodeputado do KKE, por ter demostrado na práctica o interese e a solidariedade do KKE co pobo de Ucraína, que está sendo masacrado na rexión de Donbass.

As discusións sobre a cooperación, no marco da UE e da OTAN, sobre acordos comerciais, demostran que a chamada “política exterior multidimensional” do goberno SYRIZA-ANEL serve de xeito unidimensional os intereses do capital, lonxe dos verdadeiros intereses dos pobos de Grecia e Ucraína.

Fonte: KKE
Traducido ao galego por Comunistas da Galiza-PCPE