Adiante a loita de Pescanova por un convenio digno!


Dende Comunistas da Galiza-PCPE saudamos a loita que están a levar adiante os traballadores de Pescanova.

O cadro de persoal non cede nin diante da represión policial nin diante da intimidación da empresa que tenta venderlle a moto do mantemento das condicións laborais.

O seguimento ao 100% das dúas xornadas de Folga convocadas pola maioría sindical (CIG, CUT, UGT e USO ), secundadas por tódalas categorías do persoal e pola totalidade do cadro de persoal de elaboración e frigoríficos dos centros de traballo de Chapela e do Porriño, paralizando por completo a actividade na empresa, mostran a vontade dos traballadores e traballadoras de Pescanova de manterse firmes pola defensa das súas condicións laborais, dun convenio xusto e de condicións de traballo dignas para os futuros traballadores da empresa.

Arrimar o ombreiro á empresa só conduce a máis explotación e precarización das condicións de traballo.

A unidade sindical e a loita obreira é o único camiño.

Comunistas da Galiza-PCPE