A xornada laboral acabaría ás seis da tarde… se o teu xefe quixera.

Seguramente o teredes visto nos informativos, a ministra de emprego dixo o seguinte: “que a xornada laboral en España con carácter xeral acabe ás seis da tarde”. Todo aquel que leve uns anos nisto e que non se chupe aínda o polgar xa se pode imaxinar en que podería acabar concretamente esta nova medida laboral se finalmente se concretara. É dicir, que toca especular sobre o que querería dicir iso de “con carácter xeral” que obviamente é onde está ou podería estar o truco.

Como sempre imos ao gran, é dicir ao BOE, que é o que conta e non as rodas de prensa. Como en ocasións anteriores tampouco fai falta ser un lince para darse conta de que a implantación legal deste suposto límite da xornada ás 18 horas faríase da mesma forma que se teñen implantado os outros límites da xornada, é dicir, mediante o artigo 34 do ET. Ousexa, que cabe esperar razoablemente que este límite das 18 horas funcione legalmente do mesmo xeito que os outros límites como os da xornada semanal ou xornada diaria. Agora, benqueridos amiguiños, recibamos cun forte aplauso aos vosos amigos os pallasos que nos van contar uns chistes… Beeeeeen!!!!

Resulta que actualmente xa existe o máis que coñecido límite de 40 horas de xornada semanal. Entón, se xa existe este límite, por que na túa empresa traballades 42 horas semanais en inverno e 37 horas semanais en verán? Pois porque o artigo 34 ET non di que o límite sexa de 40 horas semanais senón que di di que o límite é de 40 horas semanais “de promedio en cómputo anual”. Un detalle sen importancia que actualmente fai que sexa perfectamente legan en Españistán, por exemplo, ter unha xornada semanal de 60 horas durante seis meses ao ano se a compensaras cunha xornada semanal de 20 horas durante os outros seis meses. A que mola? Debe molar moitísimo porque é legal e xa se sabe que Españistán é unha gran nación que non fai cousas que non molen e por iso é a envexa doutros países de Europa que crecen menos. Quizais crecen menos porque son máis altos, pero se dis iso tres veces diante dun espello convérteste en cubano e tes que facerlle os mojitos a todo o mundo. Por tanto poderiamos dicir que a xornada máxima semanal actual é de 40 horas con carácter xeral. O cal non impide que os casos particulares poidera ser legal unha semana de 60 seguida dunha de 20. Iso é o que ten o carácter xeral, que che limpa todo de manchas de mojito cubano comunista como o KH7.

Pero ademais no artigo 34 ET xa existe tamén, para todos os traballadores, outro límite da xornada moito menos coñecido: o límite de 9 horas diarias de traballo. Non o sabías? E se existe ese límite, como é que nalgunhas empresas hai quendas de 12 horas? Pois polo KH7, o mesmo que antes. Resulta que o artigo 34 ET non di exactamente que o límite da xornada diaria sexa de 9h porque engade “salvo que por convenio colectivo ou no seu defecto, acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores, se estableza outra distribución do tempo de traballo diario”. Non dás puntada sen fio! Ousexa que o máximo da xornada diaria serían 9horas… excepto cando non o sexa… Así tamén lexisla teu cuñado, os canis do aparcadoiro do 24horas e o camareiro do bar de Manolo. Polo que tamén podería dicirse que a xornada máxima diaria é de 9 horas con carácter xeral. Pero se nos saímos do carácter xeral e nos imos ao carácter sarxento chusqueiro ou cabo furriel vai ser que non existe ese límite porque probabelmente no teu convenio colectivo xa alguén se terá encargado de que o límite sexa o superior. E se alguén cometera o imperdoábel erro de non poñelo, calquera empre”saurio” podería solucionar ese erro co típico “asina aquí ou á puta rúa”, é dicir, mediante acordo cos representantes dos traballadores.

Sae Gaby, o dos pallasos e diche que se sabes aquel de que vai o artigo 34ET e di que entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte, mediarán, como mínimo, doce horas… Morro coa risa… claro, xa estaba avisado de que eran uns pallasos boísimos. Entón Fofó preguntaría, oe Gaby, entón se pasan o ET polos collóns todas as empresas nas que se pasa de quenda de noite a quenda de mañá sen descanso por medio? E Gaby diríalle: Exacto, Fofó… polos collóns… Todas. E entón Fofó diríalle, oes Gaby, que ao mellor non o pasan polos collóns, senón que iso das 12 horas entre quendas é un límite de verdade que hai que aplicar en todo caso. E entón Fofó diríalle: Oes, Gaby, entón por que o pasan polo forro dos collóns? E Gaby diríalle: porque lles sae dos collóns, así de simple.

Para finalizar o festiva de humor de Benicasim temos o chistaco de que tamén tes xa o dereito de adaptar a duración e distribución da túa xornada de traballo para facer efectivo o teu dereito á conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Ah, que non o sabías porque o delegado non cho contou? Para empezar, é moi probábel que o delegado non o saiba, pero aínda que o soubera o cho contara daría igual porque o ET engade “nos termos que se establezan na negociación colectiva ou no acordo ao que chegue o empresario”. É dicir que só tes ese dereito de adaptación se o pon no convenio ou se o xefe quere, que nalgúns casos ata é o mesmo cando hai convenio de empresa. De novo os cuñaos lexislando. De que serve poñer un dereito que só existe se o di o convenio ou se quere o xefe? Pois de nada. Do mesmo xeito poderían poñer no ET que tiveras dereito a un salario mínimo de 100.000 euros anuais nos termos que se establezan na negociación colectiva ou dereito a BMW de empresa deses cheos de cilindros pero nos termos que se establezan na negociación colectiva. Lexislar así é gratis. Como é posíbel que haxa un país con “lexislacións” deste tipo? Pois porque hai cidadáns que votan a quen lexisla deste xeito e que cando se enfadan votan ao outro que tamén lexislou desta maneira. 

Así que xa podedes imaxinar como podería ser ese suposto novo límite de finalización da xornada ás 16 horas. Por exemplo, poderían poñer a mesma coletilla que ao dereito de adaptación e asunto solucionado. É dicir, que terías dereito a saír ás 18 horas se o dixera o teu convenio ou se o quixera o teu xefe. Toma castaña, e nunca mellor dito.

Tes a disposición o servizo profesional de consultas laborais privadas só para traballadores sen necesidade de dicir en que empresa traballas e o libro “Os teus dereitos no Traballo” (publicado e á venda pola editorial Lulu). En Laboro publícanse regularmente artigos sobre dereitos dos traballadores e podes suscribirte gratis para recibilos por email. No menú principal ao principio da páxina tes un listado de artigos ordenados por tema. Ao final e ao principio deste artigo tes botóns para compartilo nas redes sociais.

Fonte: Laboro
Traducido ao galego por Comunistas da Galiza-PCPE