Por un novo ano de loita!


Desde Comunistas da Galiza-PCPE queremos enviar un saúdo a toda a Clase Obreira, e en especial a todos eses traballadores e traballadoras simpatizantes e amigas do Partido, que día a día nos animan a continuar a loita e son exemplo de combatividade e disciplina, que erguen con orgullo a conciencia de clase nos seus centros de traballo e nos barrios populares e que manteñen posturas revolucionarias aínda nos momentos e circunstancias máis difíciles.

No ano no que se cumpren 100 anos da Gloriosa Revolución Socialista de Outubro, recollemos o legado do pasado, da nosa Historia de Loita, organizando e reforzando no presente o Partido da Clase Obreira para conquistar un futuro digno para todos os traballadores e traballadoras e as capas populares cada día máis emprobrecidas pola barbarie capitalista.

Polo derrocamento final dos monopolios e o imperialismo,
pola paz e a prosperidade popular,
polo socialismo-comunismo!

POR UN 2017 DE LOITA!!