Solidariedade coa loita de EXTEL.


Comunistas da Galiza - PCPE saúda a valente loita dos traballadores e traballadoras de  telemarketing e do colectivo de EXTEL en particular, hoxe ameazados por un ERE que afectaría a 205 traballadores e traballadoras na Coruña.

Tratando de aumentar a súa taxa de lucro, á patronal do sector, como ao conxunto da clase empresarial, xa non lle chega con impoñer salarios miserábeis, flexibilidade horaria, xornadas parciais, subcontratación, ETTs... senón que pretenden seguir apertando máis e máis... porque a súa ambición non ten fin.

Se a clase traballadora non lle pon freo, a lóxica capitalista non vai parar aínda que algúns traten de convencernos de que todo se pode solucionar cunha papeleta electoral.

Basta xa de falsas ilusións!

O espellismo das promesas “cidadanistas” de cambiar a situación sen tocar os intereses dos capitalistas e dos poderosos tocou fondo.

Só a tantas veces invocada e poucas veces posta en práctica UNIDADE E LOITA DA CLASE TRABALLADORA, organizada e consciente pode frear primeiro o despoxo dos nosos dereitos e acabar despois coa deriva dun sistema, o capitalista, caduco e incapaz de satisfacer as necesidades da gran maioría social que somos a clase traballadora.

É hora de loitar!!!