Fóra antidisturbios da Garda Civil de Cerredo!

[Comunicado de urxencia do Comité de Asturies do PCPE]


No día de hoxe, a vila de Cerredo amenceu ocupada miltarmente por máis de cen efectivos antidisturbios (GRS) da Garda Civil. A súa misión é protexer ao monopolista Victorino Alonso para que saquee impunemente a mina e retire, ao seu pracer, toda a maquinaria que desexe. O temor a que os mineiros impedisen o espolio que supón a retirada desa maquinaria fixo que o Estado, unha vez máis, demostre que está ao servizo dos grandes empresarios e en contra da maioría social, da clase obreira e a vila.

Ao longo do día, estanse sucedendo os actos de intimidación á poboación de Cerredo, impedindo incluso o acceso á mina dos membros do Comité de Empresa. Queren sementar o medo nun cadro de persoal e nunha vila que está en loita, pero non o conseguirán. Os concelleiros do PCPE o Concello de Degaña -ámbolos dous mineiros- xunto a outros concelleiros da Corporación Municipal, iniciaron un peche no Concello esixindo a inmediata retirada da Garda Civil. O Comité de Asturies do Partido chama a toda a clase obreira asturiana a manifestar a súa solidariedade, por todos os medios ao seu alcance, cos mineiros en loita e co peche.

Se nas próximas horas non se pon fin á ocupación militar de Cerredo por parte da Garda Civil, o PCPE resérvase o dereito a iniciar todo tipo de contactos para chamar ao conxunto dos traballadores mineiros de Asturies e León, e a todo o movemento obreiro, a marchar sobre Cerredo en solidariedade cos nosos irmáns de clase.

Responsabilizamos ao Delegado do Goberno en Asturies do que poida suceder. A clase obreira está farta de miseria e explotación. Hai que dicir: abonda xa! O movemento obreiro ten dereito a loitar polos seus intereses sen verse sometido a este tipo de provocacións. Abonda xa de represión!

Cos mineiros de Cerredo ata a vitoria!

Fóra os antidisturbios das nosas vilas!



Comité de Asturies do PCPE.