Sobre o que acontece en Gamonal (Burgos).

Que está pasando no barrio burgalés de Gamonal?
Dende hai varios días, propagouse entre os burgaleses o lema “La calle es de Burgos, no Burgos de Lacalle” en referencia din, ao tirano que hoxe ocupa a alcaldía na cidade. O fume, o sumidoiro levantado, os bloques de pedra rotos en mil anacos evidencian os restos dunhas loitas que pese aos esforzos da prensa burguesa por asignar a unhas poucas decenas de "radicais", son o clamor dunha cidade enteira que esgotou todas as vías de negociación pacífica ao longo dos dous últimos anos.

Para aqueles que non o saiban, o barrio obreiro de Gamonal que nos últimos días abre os telexornais non é un barrio calquera. Exemplo en multitude de aulas de historia da especulación urbanística iniciada hai máis de 40 anos como consecuencia da implantación dos polos de desenvolvemento industrial do franquismo, o barrio de Gamonal creceu acollendo nos seus bloques de vivendas de baixa calidade á clase obreira protagonista dos procesos migratorios do século pasado. Un auténtico surtidor de man de obra barata ao servizo da explotación capitalista que aínda con todo, non impediu que os seus orgullosos habitantes convertan este barrio nun lugar digno e cunha marcada conciencia de clase forxada a tenor dos abusos sufridos nas últimas décadas.
O que hoxe sucede en Gamonal, só é unha reprodución a escala local do modo no que a oligarquía capitalista debilitada pola crise estrutural, recorre a diversas vías para recompoñer a súa situación como clase no poder. Neste caso, mediante o espolio das arcas públicas para satisfacer os intereses do sector privado da construción.
A mazá da discordia que provocou que o barrio se converta nun campo de batalla é a reconstrución da Rúa Vitoria, principal arteria da cidade, nun "bulevar" que pasará de ter catro carrís a só dous, a eliminación de aparcamentos gratuítos para a construción doutros privados e os preto de 15 millóns orzamentados para unha obra que ninguén quere. Unha réplica do bulevar chapuceiro xa existente en Burgos no que os cambios de sentido e xiros á esquerda son un imposíbel e que como anécdota, conta con 22 novas paradas de autobús "de deseño", pagadas como tal e que tempo despois descubrimos que se trataban dun plaxio das paradas armenias da época soviética.
Non existe ningunha mostra de esgotamento entre os veciños de Burgos, nin nada que poida levarnos a pensar que as mobilizacións vaian ir a menos nos próximos días como consecuencia da represión e as detencións arbitrarias que están tendo lugar. O barrio de Gamonal do mesmo xeito que o carácter das súas xentes é distinto e por iso, a loita non cesará. O que hoxe ten lugar en Burgos debe converterse nun exemplo para o conxunto da clase obreira e os sectores populares de organización e loita fronte a unha oligarquía parasitaria á cal os seus atropelos comezan a non saírlle gratuítos.
_____________________________________
Os únicos violentos en Gamonal pertencen á Policía Nacional.
Hai días que a prensa burguesa tanto local como nacional se está facendo eco da resposta popular en Burgos. Estes medios actúan desprovistos de argumentos válidos, poñendo en marcha o seu aparello propagandístico, lanzando unha serie de consignas que rozan o repugnante e reforzadas pola intervención do Secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez.
Atribúen as reaccións máis contundentes ao comezo das obras do Bulevar a "grupos de violencia anti-sistema, itinerantes e clásicos noutros incidentes de seguridade cidadá como no caso das manifestacións ante o Congreso que aproveitan as manifestacións cidadás para xerar violencia". Isto pode chocar drasticamente coa visión daqueles que estean presentes nas mobilizacións da fin de semana xa que ata agora, os únicos grupos itinerantes e violentos vistos en Gamonal pertencen ao Corpo Nacional de Policía. Os mesmos que perpetrados ata os dentes efectuaron cargas contra os veciños de Gamonal sen importar idade ou a máis mínima implicación nas protestas xa que algúns dos detidos foron conducidos a dependencias policiais onde ao parecer foron golpeados, pola sinxela razón de non levar o DNI.
Ademais, e isto xa é un clásico en Burgos, para terminar de criminalizar as loitas locais, o Secretario de Estado de Seguridade afirma nas súas declaracións que polo menos tres dos detidos pertencen a certo colectivo antifascista da cidade que nos últimos anos vén sufrindo unha persecución mediática e represiva case enfermiza. Algo que do mesmo xeito que a acusación anterior é totalmente falso e que queda constatado no auto de liberdade provisional de 16 dos detidos nos que a xuíza encargada do proceso nega a posibilidade de risco de fuga ou a pertenenza a organización ou estrutura de ningún tipo.
Como ven, toda unha recopilación de mentiras que pretenden ocultar a realidade, quizais por medo ao inevitábel, e é que cada vez son máis as mostras de apoio e solidariedade ao pobo de Burgos procedentes de multitude de cidades e barrios obreiros que ven en Gamonal un exemplo heroico de loita.
Ante devandita manipulación, os habitantes de Burgos non cederon nin un palmo ata o punto de que na marcha do Domingo 12, máis de 3000 persoas concentráronse diante das oficinas do grupo informativo Promecal, voceiro da burguesía local e rexional, para demostrar que por mil veces que repitan as súas mentiras, a loita de Gamonal responde á vontade do pobo traballador. O mesmo que recibiu ao grito de "Viva a loita da clase obreira" aos centenares de mozos que arremeteron unha vez máis contra a infraestrutura do bulevar e que decidiron poñer fin á protesta para repoñer forzas e poder participar nos piquetes das 6:30 que de agora en diante impedirán a entrada de maquinaria na Rúa Vitoria.
A burguesía, ten medo do que hoxe pasa en Burgos e aos 100 antidisturbios recentemente enviados a cidade, respondeuse cunha nova marcha que nestes momentos conta co dobre de presenza que nas anteriores e así, ata que queden en liberdade sen cargos os detidos destas loitas.
A burguesía ten medo...


Os dous artigos son de Jaime García,
membro do Comité Central dos Colectivos da Mocidade Comunista.
[Fonte: Tinta Roja]



Completamos esta entrada con algúns dos numerosos vídeos aparecidos estes días. En primeiro lugar, podemos ver á policía entrando nun portal do barrio obreiro de Gamonal:

A continuación un par de vídeos que reflexan a manipulación informativa dos medios de comunicación burgueses (tanto de La Sexta -onde as imaxes non se corresponden co que relata a periodista- como de La 1 -onde se cola a voz dun veciño desmentindo a versión do reporteiro de RNE):