Cuba: Mentiras e disidencias [Crónica]



Organizada pola Asociación de Amizade galego cubana "Francisco Villamil" , o xoves, día 31 de outubro, o escritor cubano e autor da bitácora "La pupila insomne", Iroel Sánchez Espinosa, deu unha charla baixo o título "Cuba: mentiras e disidencias", no transcurso da cal presentouse tamén o seu libro "Mentiras y disidencias".  Iroel Sánchez é coordinador de Ecured, a enciclopedia colaborativa cubana que vén ser "a wikipedia cubana".

O acto, presentado polo presidente da Asociación, Valentín Alvite, contou coa presenza do escritor galego Xosé Neira Vilas, do cónsul xeral José Antonio Solana e da cónsul segunda Laura Urra.

Valentín Alvite fixo unha introdución ofrecendo unha  panorámica biográfica do relator. Este disertou durante corenta minutos,con datos clave e axudado por gráficas,  sobre a manipulación mediática. Tras a exposición houbo unha animada participación con preguntas e opinións entre os presentes e o conferenciante.

Esta conferencia deuse no marco dunha xira que Iroel Sánchez está facendo polo Estado Español, invitado pola CESC, a Coordinadora Estatal de Solidaridad con Cuba. En Galiza, a parte desta, houbo outra máis o día anterior, mércores, en Vigo, na Casa do Libro.

[Fotos: FORXA!]