Comunicado de apoio dos CUO-Galiza á Folga dos traballadores e traballadoras da limpeza viaria en Madrid.

Compañeiros e compañeiras:

Os Comités para a Unidade Obreira de Galiza (CUO-GALIZA), e en especial os militantes de diferentes centrais sindicais organizados nos CUO, seguimos con gran atención a exemplar loita que estades a librar estes días en defensa dos vosos lexítimos dereitos.

Somos conscientes tanto da solidariedade que estades recibindo do pobo traballador madrileño como dos ataques rabiosos dos inimigos de clase e dos seus servís gobernos.

Por experiencia sabemos que mentres a loita continúe sobre a base da unidade, e que quen mande sexan as asembleas obreiras, o triunfo é seguro.

O voso exemplo será seguido por todos aqueles colectivos de traballadores e traballadoras hoxe atacados pola rapiña patronal e que aínda non comprenderon que resistir é gañar e facer avanzar as nosas posicións como clase; e que ceder e renunciar á loita é entregarse atados de pés e mans á cobiza da gran patronal.

Á vez que levaremos a solidariedade coa vosa folga alí onde esteamos, esiximos a rescisión inmediata, por incumprimento, dos contratos das empresas coa administración e a municipalización inmediata do servizo.

POLA SOLIDARIEDADE DE CLASE. ADIANTE A LOITA DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO SERVIZO DE LIMPEZA DE MADRID!!!!

Santiago, 12 de novembro de 2013.
CUO-GALIZA

[Ver máis comunicados, en solidariedade coa folga da limpeza en Madrid, na web dos CUO]