Solidariedade co PC Sudanés e o seu pobo.

Ante a represión do réxime de Omar a al-Bashir.

O Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE) quere manifestar o seu apoio á loita do pobo de Sudán contra o reaccionario goberno de al-Bashir, así como aos esforzos do Partido Comunista Sudanés e outras organizacións populares por derrocar ao actual réxime.

Actualmente, Sudán sofre unha profunda crise económica, política e social como resultado, entre outras razóns, das políticas económicas promovidas polo goberno de al-Bashir. Este feito conduciu a unha crecente pobreza e desemprego, e como resultado, a un profundo empeoramento das condicións de vida da clase obreira e de todo o pobo.

O levantamento popular está sendo vítima da brutal represión do réxime de al-Bashir. O número de mortes alcanzou as 70 en Jartum (principalmente xente moza). Ademais, o goberno intentou silenciar á prensa independente, como o diario Alsoudani, que foi confiscado polo réxime.

Igualmente, o réxime secuestrou a dirixentes sindicais e políticos, entre eles varios cadros do PC de Sudanés, cuxa liberdade inmediata esiximos.

O Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE) quere expresar a súa solidariedade cos traballadores, estudantes, campesiños e con todas as forzas revolucionarias de Sudán, e anima a estas a organizarse e fortalecer a loita contra o réxime de al-Bashir. O Partido Comunista Sudanés e os seus membros teñen o apoio dos comunistas españois.

Madrid, 28 de setembro de 2013
Área Internacional do Comité Central do PCPE