O TKP estará na Festa de "UyL".

O Partido Comunista de Turquía (TKP) confirmou a súa participación na Festa de “UyL”. Súmase así ao resto de Partidos Comunistas que estarán o 2 de novembro en Madrid.

O TKP comparte co PCPE a participación en diversos ámbitos de coordinación comunista, como a Iniciativa Europea, fundada o pasado 1 de outubro, ou a Revista Comunista Internacional.

Así mesmo, as grandes mobilizacións que han ter lugar no país nos últimos meses, que estalaron no Parque Gezi de Estambul, puxeron ao TKP en primeira liña de loita, o que lle carrexou unha dura represión por parte do goberno turco. A participación do TKP no encontro comunista do 2 de novembro será unha oportunidade de coñecer con máis profundidade as posicións e a realidade de loita deste partido irmán.