Nace un novo marco de coordinación comunista en Europa.

Onte, 1 de outubro, celebrouse a reunión fundacional da denominada “Iniciativa de partidos comunistas e obreiros para o estudo e a elaboración sobre temas europeos e a coordinación da súa actividade”, que aglutina a 30 partidos comunistas e obreiros de toda Europa, non só de países da UE, que supón un paso adiante na coordinación comunista continental.

Esta Iniciativa ten a vocación de ir aumentando o traballo conxunto entre os partidos comunistas e obreiros europeos, mediante o desenvolvemento de posicións políticas e accións conxuntas, o cal ten unha importancia fundamental hoxe, cando o capitalismo monopolista europeo ataca con brutalidade á clase obreira e sectores populares nos nosos países e nos países vinculados á UE.

Como elemento significativo, ningún dos partidos que forman parte do núcleo dirixente do Partido da Esquerda Europea (PEE) participan na Iniciativa, o cal é indicativo da vocación non só de traballo político conxunto, senón tamén de oposición ao oportunismo que expresan os partidos que aceptaron a Declaración Fundacional da Iniciativa, que será pública nuns días.

Os partidos presentes na reunión de Bruxelas elixiron a 9 partidos para ser membros do Secretariado da Iniciativa, entre eles ao PCPE, quen participará no máximo órgano decisorio da Iniciativa entre reunións plenarias, o cal supón un recoñecemento ao traballo desenvolvido polo PCPE neste ámbito.

Polo momento, forman parte da Iniciativa as seguintes organizacións:

Partido do Traballo de Austria, Partido Comunista Obreiro de Bielorrusia, Novo Partido Comunista Británico, Partido dos Comunistas Búlgaros, Unión dos Comunistas de Bulgaria, Partido Socialista Obreiro de Croacia, Partido Comunista de Bohemia e Moravia, Partido Comunista en Dinamarca, Partido Comunista de Eslovaquia, Partido Comunista dos Pobos de España, Polo de Renacemento Comunista de Francia, Unión de Revolucionarios Comunistas de Francia, Partido Comunista Unificado de Xeorxia, Partido Comunista de Grecia, Partido Obreiro Húngaro, Partido Obreiro de Irlanda, Comunistas Esquerda Popular de Italia, Partido Socialista de Letonia, Fronte Socialista Popular de Lituania, Partido Comunista de Macedonia, Partido Comunista de Malta, Movemento de Resistencia Popular de Moldavia, Partido Comunista de Noruega, Partido Comunista de Polonia, Partido Comunista Obreiro de Rusia, Partido Comunista da Unión Soviética, Novo Partido Comunista de Iugoslavia, Partido Comunista de Suecia, Partido Comunista de Turquía e Unión dos Comunistas de Ucraína.
[Fonte: UyL]