Debemos responder con loita e organización aos plans dos grupos empresariais e do goberno.

O ataque ao ingreso popular, aos salarios, ás relacións laborais, non termina. A estratexia  do gran capital e da UE que ten como obxectivo a liberación completa do mercado laboral están en progreso.
Haberá un novo ataque xeralizado contra todos os dereitos dos traballadores. Están no punto de mira os salarios, o horario, os despedimentos, as relacións laborais, as pensións e as prestacións de atención medica.
Queren salarios de 200 – 300 euros. Este é o seu obxectivo. Que se pague aos traballadores con salarios de fame. Nesta dirección están os miserábeis salarios dos diferentes programas de ocupación, os salarios dos mozos traballadores aos programas de educación. Abren o camiño para reducións xeralizadas en todos os salarios e por contratos individuais. Recentes son as afirmacións dos grandes grupos empresariais por salarios de 300 euros como termo para investimentos.
Estas demandas están de acordo cunha planificación definida, o obxectivo xeral da derrogación das relacións laborais e dos convenios colectivos, da liberación completa do mercado laboral. O aumento da explotación a través da redución do prezo da man de obra é o camiño central do capital para a saída da crise.
Hai unha estratexia común! Os compromisos e os novos plans recomendados da UE que afectan a todos os estados-membros e non soamente aos sub-endebedados, proba que o ataque ao próximo espazo se intensificará. A aínda máis redución do devandito custo salarial e de seguridade, constitúe a condición para mellorar a competitividade da economía capitalista grega. Esta é a liña estratéxica dos grupos empresariais, dos gobernos, do FMI, da UE. É estratexia que en condicións do desenvolvemento de economía ou de crise segue sendo a mesma e sen cambio.
A separación dos traballadores, o ataque aos convenios colectivos e o establecemento dos convenios individuais é un instrumento pola redución aínda máis dos salarios, derrogar todos os dereitos que quedaron.
Os contratos individuais se non están rexeitados traerán grandes sufrimentos aos traballadores en xeral. Cada traballador será exposto aos desexos do empresario de que cun único criterio a maximización da rendibilidade ameazará con salario de fame, asustará, poderá despedir libremente, non será obrigado pagar indemnización, atacará aos dereitos e os subsidios.
Contrato individual significa indignos e menos necesidades e prestacións de seguridade e de saúde, impulsadas á seguridade e saúde privada.
A estratexia do capital non separa sectores, públicos ou privados. En cada etapa ou fase, aplica ou garda medidas para despois depender da resistencia que atopa ou as planificacións que existen. As medidas no sector público neste momento están nunha dirección da flexibilidade laboral, do ataque ao traballo estábel, os contratos colectivos e os salarios, os dereitos da seguridade.
Esta estratexia define tamén a resposta da clase obreira de hoxe e de futuro. Non existe marxe a esperar! O ataque debe ser detido a partir de hoxe; haberá loitas agresivas e demandas en cada sector e en cada lugar de traballo. Os traballadores con todos aqueles que sofren pola política dos monopolios deben opoñer a súa propia planificación fronte á estratexia do capital tendo como un eixo as necesidades da familia popular laboral por traballo pleno e estábel con salarios dignos, saúde e educación gratis, seguro universal.
O ataque intensificarase.
PARA OS SALARIOS
Ao novo ataque aos salarios axudará a creación dun mecanismo permanente da configuración do salario mínimo, de acordo con el, a  altura do salario depende unicamente de se vai contribuír á rendibilidade do capital. Será o instrumento eterno da redución salarial e en xeral do prezo da forza laboral, un mecanismo que manterá as súas mans cada goberno, un mecanismo de miseria e do explotación dos traballadores.
Ata hoxe o convenio colectivo nacional que determinaba a altura do salario mínimo e outras prestacións (salariais e non) aos traballadores e era unha base de cálculo dos convenios sectoriais, era un proxecto da correlación de forzas, nos marcos do desenvolvemento das loitas de clase. Coa súa abolición e tamén co mecanismo de configuración do salario mínimo inténtase que as ganancias capitalistas sexan o único elemento que determinará os salarios.
Xa o salario mínimo reduciuse nun 22% dos traballadores do 25 anos e máis, e nun 32% para os traballadores dun 25 anos, é dicir, que o salario mínimo de 751 euros brutos , reduciuse a 586 e 511 euros brutos, 490 e 425 euros netos despois da sustración das prestacións do traballador. Se nesta redución calculamos tamén as reducións polas medidas anteriores, podemos dicir que a redución dos salarios nominais, en comparación de 2009, hoxe supera o 45%!
O argumento principal do ataque aos salarios é a alta porcentaxe do desemprego. O seu argumento central é que con salarios baixos, faranse investimentos, cos que, á súa vez, crearanse novos postos de traballo e así poderán enfrontar o desemprego. É un opinión que apoia a GSEE, esta opinión acéptana as organizacións que teñen a maioría, as forzas de SYRIZA (Aftonomi Paremvasi) como p.e. na Federación de Empregadores do Sector Privado. Aceptan a liña principal do gran capital e deixan aos traballadores expostos ás ameazas e as chantaxes da patronal. Trátase dun liña de submisión segundo o agravamento da posición da familia laboral, os salarios de fame xeralizáronse en condicións do desemprego vertical.
Os catro anos pasados derrocan o mito de que a redución salarial e o derrocamento dos dereitos laborais contribuirán á redución do desemprego. Os sacrificios nos salarios acompañábanse cun aumento explosivo do desemprego. En calquera caso os traballadores e os desempregados deben xuntos esixir a satisfacción das súas necesidades,  illado o falso dilema ¨salario de fame ou desemprego¨.
Ademais repítense unha vez máis as discusións sobre os subsidios de pobreza, o ingreso mínimo garantido que intentan derrocar ata este miserábel salario legal mínimo.
Sobre a flexibilidade das relacións laborais
A liberación do mercado laboral significa maior flexibilidade das relacións laborais. O ataque aos convenios colectivos, a negación das organizacións empresariais a asinar novos contratos aproveitando todas as armas que lles ofreceron as leis do goberno, conduce matematicamente a contratos individuais, en traballo dun día, a xeralización do emprego por quendas. En maio de 2013 terminouse a duración da maioría dos convenios sectoriais. Tarde ou cedo os resultados negativos aparecerán. Miles de traballadores enfrontan chantaxes e ameazas polos empresarios por reducións salariais, aos subsidios e nas prestacións.
Xa os primeiros resultados das medidas anteriores apareceron. Segundo os datos oficiais do SEPE (Corpo de Inspección Laboral) polo 2012 e segundo os novos datos que afectan o 2013 mostran o empeoramento da posición da clase obreira no noso país. O aumento do desemprego que afecta un 1.5 millóns de desempregados, o 35 % traballo sen seguro, os datos mencionan que 1 de 3 traballadores páganse cun atraso dun ano, confirman as malas condicións da vida da familia obreira – popular.
A través as novas leis, aumentar aínda máis o grado de flexibilidade que utilizan as empresas polo número de horas que empregan os traballadores por semana, horas ao ano, impulsáronse as formas flexíbeis do traballo, ataques ao domingo,  día do festivo e aos cinco días do traballo. Ademais o período mínimo de descanso diminuír de 12 a 11 horas, elimináronse as medidas para a protección dos traballadores que traballaron horas extra. Máis concretamente cada ano, redúcense os contratos de traballo a xornada completa. O ano pasado os contratos de traballo en xornada completa era dun 55% dos novos contratos, no momento que o 2011 foi nun 59.7%, en 2010 o 66.9% e no 2009 o 79%. Respectivamente os contratos do traballo en quenda (traballo dalgúns días), duplicáronse e agora tócase o 10%.
Ao mesmo tempo hai cambios negativos sobre os despedimentos, tanto á redución de indemnización como no aumento da flexibilidade das empresas para que puideran despedir sen obstáculos. Polos despedimentos sen previo aviso, reduciuse a indemnización máxima de 24 a 12 salarios mensuais por persoas con servizo de 16 anos e máis. A pesar a redución das indemnizacións, reduciuse o tempo do aviso como tamén a limitación por despedimentos masivos.
Xa suscitan novas medidas pola liberación plena dos despedimentos e tamén un novo ataque ás indemnizacións para facilitar aos empresarios o despedimento, atacando así o traballo pleno e estábel.
Ningún traballador está só fronte a este ataque.
A PAME chamou desde cedo e durante as medidas que se non poñemos unha poderosa, popular, combativa fronte nos sectores e nos lugares de traballo, o ataque non se terminará. Sobre o desenvolvemento que falan, non afecta ao pobo. Trátase do desenvolvemento de capital e das súas ganancias, quere dicir un desenvolvemento antipopular, inhumano e brutal. Trátase dun desenvolvemento que require o empobrecemento e a miseria da gran maioría do pobo, o traballo – escravitude con salarios de fame, traballo sen dereitos ata na vellez.
O ataque aos salarios e aos dereitos que quedaron seguirá. As cifras confirman que se forma parte rápida os marcos da intensidade da rendibilidade do capital para enfrontar a crise e facer investimentos.
Fronte ao ataque do capital e do goberno o único camiño é a organización da loita, a defensa dos contratos, a resistencia á extensión da flexibilidade e á redución dos salarios. A parada deste camiño é hoxe o primeiro deber dos sindicatos e dos traballadores.
PAME fixo claramente un chamado aos traballadores para que non se inclinen. Loiten por contratos colectivos con dereitos que satisfagan as súas necesidades, con salarios dignos e dereitos baseados nas nosas necesidades.
PAME presenta unha completa proposta sobre o Convenio Colectivo Nacional para o 2014. Esixe a restauración do salario mínimo ao 751 euro por todos sen discriminación por motivos de idade, como comezo de conversación e de negociación por aumentos, en coordinación con outras esixencias por exemplo a eliminación dos cargos e os impostos, pública e gratuíta saúde e educación etc.
Nesta dirección débense coordinar as forzas, sindicatos, federacións, centros sindicais rexionais para que se faga a loita polos salarios e os convenios colectivos tema de todos os traballadores con obxecto de frear o ataque do goberno e dos empresarios.
Os traballadores fronte a esta situación teñen soamente unha resposta. Organizarse nos seus sindicatos, nos seus sectores, intensificar a súa loita de clase cunha loita organizada e con orientación de clase, para realizar cambios radicais ao nivel da economía e da sociedade.
[Fonte: PAME]