A LOITA POLAS PENSIÓNS E A FOLGA XERAL.

O Goberno do PP, co visto bo da Troika, no Consello de Ministros aprobou as novas fórmulas de cálculo das pensións, tanto no período cotizado como na revisión anual das mesmas. Tales medidas impostas pola ditadura do capital significarán un refugallo de 33.000 millóns de euros a base da perda, ano tras ano, das cantidades que cobran os pensionistas entre o 2014 e o 2022; isto soamente é sobre as claves e perspectivas actuais, sen sorpresas onerosas da economía mundial e sen ter en conta a agravación que supón a desvinculación da actualización das pensións do IPC. Da mesma forma, o 0,25% do IPC polas pensións será aínda máis irrelevante en querer modificar á baixa o Índice de Prezos ao Consumo, no cal se quere excluír unha gama de artigos de primeira necesidade de uso polas persoas máis necesitadas.
A contrareforma actual reduce aínda máis as futuras pensións ao ser elevada a idade de xubilación de 65 a 67 anos e ao prescribir a ampliación do cómputo de anos polo cálculo da contía de 15 a 25 anos.
Os comunistas do PCPC denunciamos a mentira da oligarquía presentando a contrarreforma das pensións como un recurso para salvar o sistema que as sustentan. A razón verdadeira é a  privatización destas; facerse coa nómina anual destas que ascende a 15.000 millóns de Euros; entregarse esta voluminosa contía aos sátrapas da banca e obrigar a todos os españois e españolas a contratar plans de pensións.
Separan as pensións dos orzamentos do Estado para que dependan soamente das cotizacións dos traballadores en activo para alixeirar -din- o peso do Estado, recorrendo ao Fondo de Reserva para pagar as de 2014 cun engadido de 6.148 millóns de euros. As pensións conxélanas co truco do 0,25%, pero os gastos militares soben ao redor dun 30%, as subvencións aos partidos políticos do sistema auméntanas nun 28%, así como as partidas por infraestruturas as baixan un 9,4%. Con este carácter de clase actúan os sicarios que gobernan.
A responsabilidade criminal de hoxe recae sobre o PP, pero disto non se eximen outros partidos como o PSOE; é oportuno sinalar que foi o primeiro goberno de Felipe González, con Almunia como ministro de traballo, o primeiro depredador das pensións ao acometer a primeira contrarreforma, que foi CiU a que propuxo aos pactos de Toledo a separación das pensións dos orzamentos do Estado; que foi o goberno de Zapatero, coa patronal e as cúpulas sindicais de CC OO e UGT, quen en 2011 negociaron as bases dos recortes que agora, con sarcasmo, aplica o PP. E non se esqueza que desde 1978 ata agora, os gobernos da extrema dereita e os da social liberal, de forma compulsiva han ir rebaixando a cota patronal polas pensións e a seguridade social.
O PCPC valora e saúda o adianto mobilizador das masas populares e proletarias contra todos os recortes sociais, e en especial agora pola defensa das pensións. Os comunistas observamos e participamos nas novas “mareas” que defenden o sistema público de pensións, como elemento necesario pola acumulación de forzas, que poña en crises o actual sistema de dominación. Neste sentido o PCPC ve absolutamente necesario a unidade dos traballadores e do movemento popular pola converxencia destes dous elementos nunha fronte común de emancipación e independente das posicións interclasistas.
A loita polo sistema público de pensións ten que encadrarse dentro do contexto da loita de clases, contra os gobernos da oligarquía catalá e española. Enfrontada ao capitalismo central da UE e do imperialismo global; defensa das pensións, tamén é dicir non á UE, ao Euro e á OTAN, é poñer en primeiro lugar a esixencia da FOLGA XERAL.
SOCIALISMO OU BARBARIE!
Barcelona, 13 de Outubro de 2013