A Declaración Fundacional da "Iniciativa".

Os seguintes partidos comunistas e obreiros de estados membros da UE, estados asociados e outros países europeos, declaran que:

Baseámonos nos principios do socialismo científico e únenos a visión dunha sociedade sen a explotación do home polo home, sen pobreza, sen inxustiza social e sen guerras imperialistas.

Consideramos que a UE é unha opción do capital. Promove medidas a favor dos monopolios, a concentración e centralización do capital. A UE está fortalecendo as súas características de bloque económico, político e militar imperialista, oposto aos intereses da clase obreira e dos sectores populares. A UE intensifica a carreira armamentista, o autoritarismo, a represión estatal e limita os dereitos soberanos.

Afirmamos que a Unión Europea é o centro imperialista europeo, que apoia os plans de agresión contra os pobos e se alinea cos EEUU e a OTAN. O militarismo é un dos seus elementos estruturais.

Consideramos que existe outra vía de desenvolvemento para os pobos. A perspectiva doutra Europa, a prosperidade dos pobos, o progreso social, os dereitos democráticos, a cooperación igualitaria, a paz e o socialismo vense resaltados nas loitas obreiras.

Creemos no dereito de todo pobo a elixir a súa propia vía soberana de desenvolvemento, incluíndo o dereito a desvincularse a todos os niveis das estruturas da UE e a OTAN, así como o dereito a optar polo socialismo.

Non somos membros plenos dos denominados “partidos europeos” nin do denominado “Partido da Esquerda Europea”.

Decidimos, por medio desta declaración fundacional, establecer a “Iniciativa de partidos comunistas e obreiros para estudar e elaborar sobre asuntos europeos e coordinar a súa actividade”.

Todo partido comunista e obreiro dun estado membro da UE ou estado asociado, así como doutros países europeos que acepte esta Declaración e as súas condicións pode participar nesta “Iniciativa”.

O obxectivo da “Iniciativa” é contribuír á investigación e o estudo de asuntos relativos a Europa, particularmente relativos á UE, a liña política que se establece no seu marco e ten impacto nas vidas dos traballadores, así como axudar á elaboración de posicións conxuntas dos partidos e a coordinación da súa solidariedade e outras iniciativas.

A “Iniciativa”, que se dirixe principalmente aos partidos comunistas e obreiros de países da UE, tamén está aberta a partidos comunistas e obreiros de países que non son membros da UE, ou que son estados asociados.

Polo menos unha vez ao ano celebra unha reunión dos seus membros e acorda que un Secretariado coordine a actividade da “Iniciativa”.

Os encontros do Secretariado serán feitos públicos con antelación e tamén estarán abertos ao resto de membros da “Iniciativa”.

A Iniciativa ten un símbolo: un traballador rompendo as súas cadeas.

A Iniciativa ten unha páxina web para promover as súas posicións e as posicións dos partidos que forman parte dela. O Secretariado xestionará esta páxina conxunta, que será acordada polos partidos que participan na Iniciativa.

Elección do Secretariado.

Os partidos que participaron na reunión fundacional aprobaron un marco de funcionamento temporal da Iniciativa, o símbolo común da Iniciativa e elixiron a un Secretariado de 9 membros para a coordinación da súa actividade, en que participan: o Partido Comunista de Eslovaquia, o Partido Comunista dos Pobos de España, o Partido Comunista de Grecia, o Partido Obreiro Húngaro, o Partido dos Traballadores de Irlanda, os Comunistas Esquerda Popular -Partido Comunista (Italia), o Partido Socialista de Letonia, o Partido Comunista de Suecia e o Partido Comunista de Turquía.

[Fonte: UyL]