Soldados gregos contra a guerra de Siria.

"Non seremos carne de canón dos monopolios".
Cartas de soldados: "Non á participación grega na guerra en Siria".

Fillos do pobo, soldados que serven nos campamentos gregos, expresan mediante cartas a súa enérxica condena á guerra planeada contra Siria e a participación de Grecia na mesma.

Declaran que "os soldados gregos non se converterán en carne de canón das guerras desencadeadas polos monopolios para aumentar as súas ganancias."
 
Concretamente:

Os soldados que serven no campo "Vertsonis" en Lemnos, sinalan: "decidimos enviar esta carta para facer ouvir a nosa oposición aos preparativos de guerra da OTAN - EE.UU. - UE contra o pobo sirio".

Os soldados do escuadrón de lanzacohetes múltiple 193a (. M.PEP) En Eleutheroupoli Kavala unen as súas voces ao movemento popular e esixen:

- Non á participación de Grecia na intervención imperialista prevista en Siria.

- Peche inmediato da base de Souda.

- Ningunha infraestrutura, instalacións ou man de obra a disposición da EE.UU. - OTAN - UE contra Siria nin ningún outro país da rexión.

- Os soldados que serven no cuartel da 20 División Blindada en Kavala declaran:

-"Somos soldados, fillos do pobo grego que servimos no cuartel da 20 División Blindada en Kavala.

Declaramos a nosa oposición inequívoca ao ataque militar inminente a Siria, así como á participación de calquera país no mesmo. O noso pobo non quere afogar a outros pobos en sangue ... Nin terra nin auga para os asasinos dos pobos”.
[Fonte: 902]
-Traducido ao galego por Comunistas da Galiza-