Sindicalismo de clase. Reconstrución.

Todo o meollo da acción práctica que demanda o leninismo é a ditadura proletaria; estando os problemas tácticos e organizativos reabsorbidos na orientación e preparación cara a ese obxectivo.
Que non é só estratéxico, responde ao centro da concepción e acción do marxismo-leninismo. Pertence, pois, á exquisita coherencia da teoría e práctica leninistas.
Grave é a situación que sofre a clase obreira, acrecentada hoxe pola inacabábel  hambruna de explotación, de plusvalía, dos capitalistas. Ante iso, a unidade e a impostergábel  reconstrución do sindicalismo clasista, pertencen á orde do día.
Aspectos do movemento sindical hoxe:
- Sindicatos maioritarios cooptados polo sistema. No seu interior atopamos abundancia de corrupción á vez que cada vez menos sindicalistas con posicións e conciencia de clase.
- Numerosos sindicatos definidos como de clase -que describimos moi en xeral-, pois hai algunha excepción. En principio atopámonos cunha gran dispersión de pequenas organizacións, con pouca e dificultosa relevancia (algúns son meros mandarinatos), salvo en ámbitos de actuación específicos e limitados; manteñen unha abundante actividade e axitación en momentos de conflito alí onde radican. Tralo conflito -tamén en xeral-, sosteñen primordialmente unha actividade endogámica centrada na estrutura sindical respectiva e en manifestar -de xeito interminábel- a súa propia versión sobre o sindicalismo de clase, facendo -así- case imposíbel a unidade. Aspecto máis diluído ocupa a actividade, cotiá e intensiva, de axitación, organización e loita da clase en empresas e lugares de traballo. A actividade política dos militantes e células do Partido tamén ha dirixirse a reverter esta situación.
- Incipiente asentamento, e aínda moi insuficiente implantación, dos CUOs1.
- A cada vez máis difundida e intensa intervención directa do Partido entre a clase e as masas; que non é obxecto deste artigo.
Avanzar cara á unidade da clase
A reconstrución do sindicalismo clasista require a converxencia de todos os que se reclaman do mesmo. O Partido debe buscar a máis afinada e precisa dialéctica entre CUOs e outras estruturas de clase, tendo en conta a súa asequíbel e realizábel complementariedade.
Para conseguilo hai que ter en conta un principio, e algunhas condicións.
O primeiro consiste en que a reconstrución do sindicalismo clasista só será posíbel pola loita da clase obreira e en base ás súas mismísimas experiencias.
As condicións, entre outras, consisten:
- Por parte de todos os actores dispostos a reconstruír o sindicalismo de clase, implicarse en realizar un sindicalismo socio-político, de solidariedade de clase, de unificación de conflitos e loitas, democrático, asembleario, internacionalista.
- Priorizar o traballo cotián, continuo, en empresas e en ámbitos onde a clase queda concentrada ou dispersada (por ex. a C.S.U. de xubilados debe realizar a súa tarefa sindical e de axitación nos círculos, locais, centros de pensionistas); fomentar a participación activa da clase para conseguir as súas reivindicacións; potenciar e xeneralizar as súas iniciativas e experiencias, as súas fórmulas de acción…. Como tarefa secundaria a permanencia en despachos e estruturas sindicais.
- CUOs (que non son nin pretenden ser un sindicato) impulsando, organizando e asentando a centralización e unidade da clase en empresas, sectores e localidades. Han de ser, ademais de instrumentos e órganos de masas para a reivindicación sindical, núcleos organizados que fomentan, impulsan e organizan a loita xeral contra a explotación capitalista e o seu sistema político de opresión.
- Células e militantes do Partido, achegando e centralizando a clase en torno ao Partido.
A aposta do partido pola reconstrución do sindicalismo de clase, obriga a construír unha delicada dialéctica entre o sindicalismo que tamén busca a reconstrución do sindicalismo de clase e o organizado movemento unitario (os CUOs), que pretendemos se levante en todo o país. Dialéctica non de obstrución, enfrontamento e rivalidade, nin inimiga nin antagonista, senón de subsidiaridade, complementariedade e converxencia.
A nosa acción práctica -xa que organizamos para a ditadura proletaria-, consiste en potenciar o sindicalismo de clase e a súa reconstrución desde todas as estruturas sindicais. Á vez, a acción unitaria clasista contra o capitalismo e por outra sociedade. Acción que hai que armar desde a empresa, sector e/ou localidade. Desde todos os lugares posíbeis, moitos dos cales sen acceso ao sindicalismo tradicional e por múltiples reivindicacións que escapan ao seu campo de actuación.
Loita pola defensa das pensións
(Unha paréntese. Unha das agresións máis sentida pola inmensa maioría das masas populares, sen distincións na súa condición de estar en paro, traballando, pensionista, xubilada, novo, vello, etc. é a xa perpetrada contra xubilacións e pensións. E a que todos sabemos que está ao caer. É posíbel que na actualidade non haxa un sentimento unitario por agresión ás masas tan evidente e sentido como o ataque ás pensións.
Hai que organizar o "contraataque". E -é unha opinión-, hai que facelo desde a empresa, centro de traballo, sector, local, localidade, ……; onde se atope a clase. Por suposto, desde todos os elementos que están por reconstruír o sindicalismo de clase. Conseguiríase avanzar en desenvolvemento da conciencia de clase e politicamente en varios aspectos:
--Que sexan as traballadoras e traballdaores os que manteñan a proposta, o que permite axitar e organizar partindo da conciencia e estado de ánimo real da clase nese lugar concreto, facilitando a experiencia propia.
--Superar o reivindicativo cinguido ao estritamente laboral no ámbito empresarial ou sectorial. Fraguar unha loita máis de toda a clase.
--Xa que son os traballadores e as traballadoras quen suscitan a reivindicación, permite a expansión da mesma. Por unha banda, cara ás propias estruturas sindicais da empresa -comité, sección sindical- ou fóra dela -executiva provincial e federal, etc. Por outra, cara a outras empresas ou barrios ou pobos.
--Conséguense conatos, embrións e actos de unidade independentes da pertenza ou non a sindicato algún. Se potencia o sentimento unitario.
--Axitar en torno á agresión global ás pensións é unha oportunidade espléndida para explicar a súa íntima conexión coas pretensións do capitalismo en crise e as disposicións obrigatorias pola pertenza do país á imperialista unión europea e á súa moeda. Xa que logo, a necesidade de saír pitando desas estruturas de opresión e dominación.)
En definitiva, orientar, dirixir a loita e a organización para que a clase non sexa un conglomerado de átomos individuais, para que adquira conciencia da súa valía como clase, sexa "clase para si", como primeiro paso para que poida exercer o seu hexemonía: a ditadura proletaria.
Julio Mínguez
[Fonte: UyL]


1CUOs: Comités para a Unidade Obreira. Opción orientada á superación do fraccionamento sindical hoxe no estado español www.unidade-obreira.org