Reunión de Dimitris Koutsoumpas (KKE) co Primeiro Ministro sobre os acontecementos en Siria.

A intervención que se está preparando contra Siria e a participación do goberno grego nesta foi o tema principal da reunión do Secretario Xeral do CC do KKE, Dimitris Koutsoumpas, co primeiro ministro Antonis Samaras, o mércores 4 de setembro na oficina do primeiro ministro. A reunión tivo lugar no marco das iniciativas que emprendeu o KKE de cara aos graves acontecementos en Siria e na ampla rexión do Mediterráneo Oriental e do Oriente Medio.
Despois da fin da reunión Dimitris Koutsoumpas comentou:
“Expresamos a nosa oposición contundente coa implicación do noso país na intervención contra Siria de calquera modo. Grecia, o pobo grego e a mocidade, pagarán un alto prezo por calquera implicación nunha guerra imperialista. En fin, cremos que os argumentos, os pretextos do liderado dos EE.UU. e dos seus aliados neste asunto con respecto ás armas químicas en Siria é un conto para nenos, que nin sequera os nenos o crerían. Está claro que se trata dunha provocación realizada por outras forzas e non polo réxime de Assad. Así que consideramos que ata un ataque cirúrxico, un pequeno ataque contra Siria polos estadounidenses e os seus aliados, vai abrir a caixa de Pandora na rexión.
Esta rexión constitúe un campo de antagonismos duros entre fortes potencias imperialistas, fortes Estados capitalistas, tanto a nivel internacional como rexional. Por suposto, sábese moi ben que esta rexión ten unha enorme importancia xeoestratéxica e xeopolítica debido aos seus recursos minerais, o petróleo, o gas natural e as rutas do seu transporte.
A mocidade, o pobo, o movemento obreiro e popular deben estar alerta constantemente e vixiantes. Xunto coa loita diaria pola supervivencia da crise económica capitalista, da política dos gobernos e da UE, as medidas antipopulares, a loita contra as privatizacións comercialización da Saúde, da Educación, as leis contra a seguridade social que se promoven de novo, os recortes de salarios e pensións, a intensificación do desemprego, dos despedimentos, así como o último ataque co esforzo de reducir e pechar –segundo din- da industria de defensa do país, a Industria Grega de Vehículos, a industria mineira LARKO, xunto a todo iso o noso pobo debe incluír nas súas consignas, nos seus obxectivos de loita, o desenredo de Grecia de calquera intervención, a súa non participación. Que se peche xa a base de Souda sen que se proporcionen instalacións, nin o aeroporto militar en Kalamata, nin outra infraestrutura do país. Ademais, a consigna debe ser o que din os mozos do noso país todos os días nas manifestacións “Nin territorio nin mar para os asasinos dos pobos”.
No marco da mesma iniciativa, D. Koutsoumpas reuníuse o luns co embaixador da República Islámica de Irán, Behnam Behrouz e o embaixador da República de Cuba, Osvaldo Martínez. As reunións tiveron lugar na sé do CC do Partido en Perissos. O pasado mércores, o SG do CC do KKE, Dimitris Koutsoumpas, reuníuse co embaixador da Federación Rusa en Grecia, Vladimir Chkhikvishvili, na sé do CC do Partido en Perissos. Ademais, o Secretario Xeral do CC do KKE tivo un encontro con representantes da embaixada da República Popular de China.
  
[Fonte: KKE]