Nota de prensa para a Reunión do Comité de Redacción da RCI.

O 20 de setembro de 2013 realizouse en Atenas a reunión do Comité de Redacción da "Revista Comunista Internacional" que é unha forma de colaboración entre revistas teóricas e políticas de Partidos Comunistas e Obreiros que traballan conxuntamente sobre unha serie de asuntos teóricos e ideolóxicos fundamentais.

Tal como cita a nota da Redacción no 1º exemplar da RCI:
A “Revista Comunista Internacional” seguindo a tradición leninista é unha publicación cun claro carácter político-ideolóxico. É unha publicación cun punto de vista e non un simple recordatorio de tese de Partidos Comunistas, o que xa se cumpre con outras publicacións, tales como o Boletín Informativo dos encontros internacionais de Partidos Comunistas e Obreiros, así como outras publicacións partidarias. O noso obxectivo é contribuír á popularización e desenvolvemento da teoría marxista-leninista coa análise ideolóxica e posicionamento político ante os modernos desenvolvementos no capitalismo e os problemas da loita de clases. Consideramos que o reforzamento da orientación marxista-leninista no seo do movemento comunista internacional é unha condición sine qua non para a súa necesaria reorganización.
As revistas teóricas e políticas dos PPCC que cooperan na publicación da “Revista Comunista Internacional” unímonos en base ao noso concepción común sobre asuntos importantes relativos ao movemento comunista internacional, a defensa dos principios do marxismo-leninismo, do internacionalismo proletario, da necesidade da revolución socialista, da ditadura do proletariado e da construción da sociedade socialista.
Unimos as nosas forzas para contribuír á reorganización teórica e ideolóxica do movemento comunista internacional sobre unha base marxista-leninista sólida malia as diferentes aproximacións en temas de táctica e estratexia.
Para subliñar expresamente o papel de vangarda da clase obreira no proceso revolucionario, nas condicións en que unha serie de forzas disputan os criterios marxistas-leninistas segundo os que alguén pertence á clase obreira e o seu papel dirixente na loita polo progreso social, pola transición revolucionaria do capitalismo ao socialismo.
Para defender os principios leninistas sobre o partido, en condicións de crecemento da presión sobre os partidos comunistas para o seu incorporación ao sistema capitalista.
Para mostrar a necesidade da loitar contra as unións imperialistas, tales como o FMI,a  OTAN,a UE, etc.
Para defender a experiencia histórica do movemento comunista internacional, con seguridade, sen rexeitar a necesaria crítica e as conclusións científicas que axudarán ao moderno movemento comunista internacional a dar pasos adiante. Consideramos que é necesario seguir a vía das tradicións revolucionarias da Comuna de París,a Revolución Socialista de Outubro,a Internacional Comunista e a experiencia socialista da URSS e doutros países.
A reorganización teórica e ideolóxica do movemento comunista internacional non pode levarse a cabo sen unha firme confrontación das correntes que actúan no seo do movemento obreiro tales como a socialdemocracia, todo tipo de oportunismo dentro do movemento comunista, revisionismo, reformismo, nacionalismo, cosmopolitismo do capital e liberalismo.
Por iso, expoñemos abertamente as nosas posicións, a nosa concepción e a nosa crítica ao existente retroceso e distorsión do marxismo ao conxunto do movemento comunista internacional e contribuímos ao comezo dunha discusión importante nas súas filas para a súa orientación teórica e ideolóxica. Dirixímonos a todas as revistas teóricas dos PPCC que apoian os principios arriba expresados e queiran contribuír a este esforzo."
Ata agora saíron 4 exemplares da RCI (en inglés, español, ruso e grego) e na reunión do Comité de Redacción da RCI o 20 de setembro debateuse o tema do 5º exemplar, que sairá no 2014, 100 anos logo da 1ª Guerra Mundial e conterá artigos sobre a guerra imperialista e o posicionamento dos comunistas.
Na reunión participaron representantes das revistas: "Etudes Marxistes" (Partido de Traballo de Bélxica), "Revista Comunista" (Partido  Comunista de Grecia), "Proposta Comunista" (Partido  Comunista dos Pobos de España), Socialist Latvia (Partido Socialista de Letonia), "O Comunista" (Partido  Comunista de México), "Szabatzang" (Partido Obreiro de Hungría), "Marxism e Sovremenost" (Unión de Comunistas de Ucraína), "Sovietski  Sayiuz" (Partido  Comunista Obreiro de Rusia), "Gelenek" (Partido  Comunista de Turquía).
Por mor da campaña electoral en Luxemburgo, o representante da revista "Zeitung vom Lezemburger volek" (Partido  Comunista de Luxemburgo), non puido asistir. Igualmente, o representante da revista "Debate Aberto" (Partido Comunista de Venezuela) non puido asistir por razóns técnicas.
Os membros do Comité de Redacción da RCI, a ocasión da súa reunión, condenaron a intervención imperialista en Siria e se alinearon coa resolución de condena da nova guerra imperialista que se está planificando,  que ata agora asinaron 77 partidos comunistas e obreiros de todo o mundo.
Ademais, a ocasión do cumprimento de 15 anos do encarceramento dos cinco patriotas cubanos nos cárceres dos E.E.U.U., expresaron a súa solidariedade aos catro cubanos que seguen encarcerados, ás súas familias e ao pobo cubano. Anotaron que o arresto e encarceramento dos 5 cubanos en 1998, intégrase nos plans ideolóxico-políticos coxunturais do imperialismo americano contra Cuba socialista e esixiron a liberación directa dos catro presos políticos que seguen encarcerados nos cárceres dos E.E.U.U.
Adicionalmente,  a ocasión da súa presenza en Atenas, os representantes das revistas no Comité de Redacción da RCI asistiron ás actividades do 39º Festival da Mocidade Comunista de Grecia (KNE).
Finalmente, condenaron a actividade criminal do Amencer Dourado fascista en Grecia, o asasinato dun mozo, o ataque a  membros  e sindicalistas do KKE e  expresaron a súa solidariedade cos comunistas e en xeral co movemento obreiro e popular de Grecia.  Ademais, condenaron o asasinato de tres militantes do Partido Comunista de México e a crecente represión estatal contra o pobo e os traballadores nese país.
Escrito por Comité de Redacción da RCI

- NdT: Na web central de FORXA! poden atoparse numerosos artigos traducidos a galego da RCI -