Gran manifestación e concentración de decenas de sindicatos contra a actividade asasina do Amencer Dourado.

Coa consigna “Bloqueo aos fascistas” para marcar o carácter da concentración, miles de persoas manifestáronse contra a actividade asasina do Amencer Dourado, o xoves 19 de setembro pola tarde en Nikea, un barrio histórico da cidade obreira do Pireo, con gran contribución na loita contra a ocupación alemá e a expulsión de Grecia dos fascistas de Hitler. Está na ampla rexión onde foi asasinado o mozo de 34 anos polo Amencer Dourado. A banda nazi anunciara que levaría a cabo unha concentración central neste barrio. Baixo a presión que exerceu a presenza do movemento de clase, a concentración dos fascistas foi cancelada.


As forzas clasistas da PAME responderon ao chamamento emitido por decenas de sindicatos e organizacións do Pireo, concentráronse nunha praza central e a continuación marcharon polas rúas da cidade. 

Na primeira liña estaban os sindicatos dos mariñeiros e dos traballadores metalúrxicos. 

A próxima concentración foi anunciada para o sábado 21 de setembro pola mañá. Os sindicatos organizarán unha nova concentración debido a que o Amencer  Dourado anunciara distribuír naquel día alimentos só aos gregos en Nikea, para verter o seu veleno. “Fóra o Amencer Dourado da terra heroica, ensangrentada de Kokkinia, nin sequera aceptamos auga das súas mans” oíuse na convocatoria mentres que se destacou que a demanda do pobo é que pechen as oficinas da organización asasina en Nikea.