Diante da sentenza da audiencia nacional contra catro militantes galeg@s.

Os e as comunistas do PCPE-Comunistas da Galiza e dos CMC expresamos a nosa repulsa diante da sentenza da Audiencia Nacional que condena a 18 anos de cadea a Eduardo Vigo, a outros tantos a Roberto Fiallega, e a 10 anos a Maria Osorio e a Antom Santos.

Dita  sentenza e a campaña de intoxicación lanzada desde os medios de comunicación da oligarquía, inscríbese no recruecimento da violencia exercida polo estado  que ten por obxecto perseguir e criminalizar  toda expresión de disidencia e contestación social no contexto do endurecimento da ditadura do capital e da posta a punto do dispositivo represivo, preparando unha masiva aplicación das fórmulas intimidatorias e da violencia dos aparellos do estado e do aparello institucional neofranquista da oligarquía; mesmo vulnerando as formalidades do chamado estado de dereito, contra a inevitable escalada da loita que se incuba no seo da clase obreira, os sectores populares e a mocidade salvaxemente golpeados pola crise estrutural do capitalismo.

A mera reivindicación de dereitos e liberdades democrático-formais tórnase xa inasimilable para un sistema socioeconómico caduco e en bancarrota que recurrirá a todas as formas de violencia contra quen non acate o programa de explotación, opresión e represión que reserva a oligarquía para a clase obreira e os sectores populares.

Rexeitamos o que constitúe unha clara vulneración de dereitos elementais, como o de defensa, por parte dunha Sala onde na práctica só se escoitaron os argumentos da acusación, e á análise duns confusos feitos por parte dos mesmos funcionarios policiais que instruíran o proceso: 56 anos de prisión son moitos para uns feitos que -reiterámolo- en ningún momento e en ningures foron probados.

Esiximos a posta en liberdade dos presos e a presa, que se lles recoñeza que foron procesados por motivos políticos e non pola comisión de ningún feito criminal. Esiximos que máis cedo que tarde, volten prá casa. E o cese da persecución e a criminalización dos sectores populares, a mocidade militante e as súas organizacións.

Colectivos da Mocidade Comunista