Concentración en Pontevedra pola liberdade dos cinco cubanos presos en EEUU.

O sábado 14 de setembro en Pontevedra, ás doce da mañá e con motivo do 15º aniversario da súa detención, tivo lugar unha concentración a favor da liberdade para os cinco cubanos encarcerados en EEUU, Antonio Guerrero, Fernando González, Gerardo Hernández, Ramón Labañino e René González, que foron  detidos en 1998 cando buscaban información sobre grupos terroristas cubanos afincados en Miami que atentaran contra un avión civil causando a morte de 73 pasaxeiros, no ano 1976.

O presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, Valentín Alvite, deu lectura a un manifesto que versaba sobre a situación dos Cinco. Durante o acto se corearon consignas reclamando a súa posta en liberdade.

A convocatoria foi secundada por unhas duascentas persoas e nela estiveron presentes tamén varios cargos institucionais.





[Fotos: FORXA!]