[Charla] A experiencia dos CUO na loita do carbón asturiano.

A UNIDADE OBREIRA,
UNHA NECESIDADE.

Despois de máis dun ano de loita, os mineiros de Cerredo (Asturies), acadan a readmisión dos despedidos, sen baixada salarial nin aumento da xornada. Unha vitoria parcial, pero sobretodo infrecuente nestes tempos.

Cáles foron as claves da vitoria?

Poderemos extraer algunha ensinanza para a nosa loita cotián?

Desde os CUO-Galiza convidámosvos a debater estas cuestións e máis, coa presenza dun compañeiro de Cerredo para compartir a súa experiencia, nunhas charlas tituladas “A unidade obreira, unha necesidade

Pola gran importancia do tema, nas condicións de intensificación das loitas que polos seus dereitos levan a cabo os traballadores e as traballadoras, esperamos contar coa vosa asistencia nas dúas charlas programadas en Ferrol e Vigo.

FERROL
Venres, 27 de Setembro de 2013-09-20
19:oo horas
Galería Sargadelos, rúa Rubalcava, 30-32.

VIGO
Sábado, 28 de Setembro de 2013-09-20
18:00 horas
Federaciónn Veciñal “Eduardo Chao”, na Praza da Princesa, 7, 2º.


www.unidad-obrera.org
cuogaliza@gmail.com